O río Casoio (ás veces nomeado tamén como Casaio) é un río da provincia de Ourense, afluente do río Sil, pola súa beira esquerda.

PaísGalicia Galicia
NacementoSerra do Eixe
Lonxitude19,5 km
Caudal medio2,39 m³/s
DesembocaduraRío Sil

Descrición editar

Fontes editar

O río Casoio nace da confluencia do río Valborrás e mais do río Riodolas, que adoita considerarse a súa continuación. Este nace a 1.440 m de altitude, nos contrafortes da serra do Eixe.

Percorrido editar

O seu curso esténdese por 19,5 km até confluír co Sil en Sobradelo de Valdeorras, tendo todo o seu percorrido dentro do concello de Carballeda de Valdeorras. É un río de montaña que ten o seu leito practicamente encaixado, abríndose escasamente en apenas algunhas pequenas veigas, como a da ermida de San Cosme e San Damián, na que se celebra unha romaría anual a finais do mes de setembro, e na que, hai poucos anos, se celebraba unha concorrida feira de gado cabalar, popular na comarca e nas contiguas do Bolo e A Cabreira.[Cómpre referencia]

Étimo editar

O nome do río procede do da parroquia de Casoio, Carballeda de Valdeorras, sita na cabeceira da corrente.

Natureza editar

Medio ambiente editar

A explotación de canteiras de lousa (louxeiras, no dialecto da comarca), que verquen os entullos nas ladeiras ou mesmo nas inmediacións do río, ten provocado graves problemas medioambientais, especialmente na fauna das súas augas.[Cómpre referencia]

Aproveitamento editar

Dado o seu curso encaixado, o aproveitamento histórico era a pesca, especialmente de troitas. Empregábase industrialmente para forza motriz de muíños tradicionais. Desde o século XVIII funcionou ao final do río, aproveitando as súas augas, xa en Sobradelo, unha ferraría, que desapareceu a fins do XIX.

Modernamente, en 1971, completouse no curso baixo o encoro do Casoio, preto do citado Sobradelo, que usa as augas para produción de enerxía eléctrica.


 
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.