O Bolo

concello da comarca de Valdeorras, na provincia de Ourense

Coordenadas: 42°18′24″N 7°5′56″O / 42.30667, -7.09889

O Bolo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 1013 habitantes (1326 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) bolés[8].

O Bolo
Concello do Bolo.jpg
Casa do Concello do Bolo.
Situacion O Bolo.PNG
Situación
Xentilicio[1]bolés/bolesa
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Valdeorras
Poboación824 hab. (2022)[2][3]
Área91,2 km²[3]
Densidade9,04 hab./km²
Entidades de poboación18 parroquias[4]
Capital do concelloO Bolo
Política (2019[5])
AlcaldeManuel Corzo Macías (PPdeG[6])
Concelleiros
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 2
Eleccións municipais no Bolo
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes70,02%
Na rede
www.obolo.es
editar datos en Wikidata ]

DemografíaEditar

Censo rotal 1013 (2014)
Menores de 15 anos 53 (5,23 %)
Entre 15 e 64 anos 459 (45,31 %)
Maiores de 65 anos 501 (49,45 %)
Evolución da poboación do Bolo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021
5204 5550 5285 3151 1286 1117 {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

XeografíaEditar

O concello, de 91,17 km², abrangue dezaoito parroquias. Limita ao norte cos municipios de Petín e Larouco, ao sur con Viana do Bolo, ao leste coa Veiga e ao oeste con Manzaneda. Pertence ao partido xudicial de Trives e á diocese de Astorga.

Sitúase entre os ríos Bibei e o Xares, na depresión do Bolo, que separa o macizo de Manzaneda das Serras de Trevinca e Segundeira. Ten un relevo montañoso e accidentado, cunha depresión e unha unidade de máis altura cara ao oeste. A Fraga da Ramalla, cara ao norte, acada os 1.200 m de altitude.

A estrada C-533 enlaza o concello coa autovía A-52 e coa estrada N-120.

HistoriaEditar

Antes da romanización de Galicia este territorio estaba ocupado polo pobo dos Németas, que terían a súa capital en Volobriga.

Durante a idade media A zona pertenceu ao condado de Lemos. Pedro I de Castela concedeu privilexios á vila do Bolo polo seu apoio a loita contra o seu irmán Henrique II. O castelo do Bolo foi derruído na Gran Guerra Irmandiña e reedificado por orde do conde de Benavente, Juan de Pimentel. Logo de diversos preitos entre a nobreza e a vila, os habitantes do Bolo pasaron a estar directamente baixo xurisdición real a finais do século XVI. No século XVIII o castelo é abandonado.

Durante a guerra da independencia española os habitantes da comarca de Valdeorras, liderados polo abade Casoio, impediron o paso do xeneral Soult. En 1812 creouse o municipio do Bolo. No Trienio liberal a maior parte da comarca pasou a formar parte da provincia do Bierzo, agás O Bolo, que foi adscrito á provincia de Ourense.

PatrimonioEditar

A Torre do Bolo localízase nun lugar posiblemente ocupado anteriormente por un poboado castrexo. Consérvase a torre da homenaxe -de planta cadrada-, o alxibe e murallas co adarve. A torre acolle un centro de interpretación.

O Santuario de Nosa Señora das Ermidas, declarado Ben de Interese Cultural, é de arquitectura barroca do século XVIII.

A capela da Virxe dos Navallos está nun cruzamento de camiños do mesmo nome, e estaba situada orixinalmente no lugar da Pedra do Sol, onde se atopou unha ara romana adicada a este astro, do que recibe o nome. O templo é de orixe románica e tivo diversas restauracións. A fachada é de 1420.

En Mondón construíuse en 1903 un balneario de augas ferruxinosas.

EconomíaEditar

Na economía local destaca o sector primario. Dentro do sector vitícola hai viños da Denominación de Orixe Valdeorras.

Galería de imaxesEditar

Artigo principal: Galería de imaxes do Bolo.

ParroquiasEditar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias do Bolo

O Bolo (Santa María) | Buxán (Santa María) | Cambela (Santa María) | Celavente (San Xoán) | Chandoiro (San Ramón) | Chao de Castro (San Martiño) | As Ermidas (Santa María) | Fornelos (San Bartolomeu) | Lentellais (San Simón) | Paradela (San Sebastián) | San Martiño (San Martiño) | Santa Cruz (Santa Cruz) | O Seixo (Santo Anxo) | Teixido (San Marcos) | Tuxe (San Pedro) | Valdanta (Santa María) | Vilaseco (San Donato) | Xava (San Salvador)

Lugares do BoloEditar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Bolo vexa: Lugares do Bolo.

NotasEditar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "O Bolo".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019. 
  6. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "O Bolo". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 43. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar