Encoro de Santiago

Coordenadas: 42°24′14″N 7°04′42″O / 42.403811111111, -7.0784666666667

O encoro de Santiago é unha presa artificial no río Sil, sita no concello de Vilamartín de Valdeorras, na parte oriental da provincia de Ourense e está destinada á produción de enerxía eléctrica.

Vista da presa.

Construción editar

Este encoro foi rematado de construír no ano 1968, pola empresa Saltos del Sil, sendo o seu propietario actual Iberdrola.

Características técnicas editar

A altura da presa é de 21 m, cunha lonxitude de 147 m, represando unha media de 2 hm3 de auga, que ocupan unha superficie estimada en 53 ha.

Valor ecolóxico editar

O encoro constitúe unha zona húmida que serve de refuxio para especies singulares de aves, especialmente anátidos e limícolas.