Vilamartín de Valdeorras

concello da comarca de Valdeorras, na provincia de Ourense

Coordenadas: 42°24′56″N 07°03′33″O / 42.41556, -7.05917

Vilamartín de Valdeorras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE no ano 2014 tiña 1.793 habitantes (2.477 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vilamartinés» ou «valdeorrés».

Vilamartín de Valdeorras
Escudo de Vilamartín de Valdeorras
Casa do concello.
Situación
Xentilicio[1]vilamartinés - valdeorrés
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Valdeorras
Poboación1.825 hab. (2022)[2][3]
Área88,3 km²[3]
Densidade20,67 hab./km²
Entidades de poboación11 parroquias[4]
Política (2023[5])
AlcaldeEnrique Álvarez Barreiro (PSdeG[6])
Concelleiros
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 6
Eleccións municipais en Vilamartín de Valdeorras
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes53,72%
Na rede
http://www.vilamartindevaldeorras.es
Facebook: concellovilamartinvaldeorras Twitter: ConVilamartin Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Xeografía editar

O concello está situado ao nordeste da provincia de Ourense (a 106 km da capital ourensá) e ao norte da comarca de Valdeorras a 7 km do Barco de Valdeorras.

Está situado no val do río Sil, e conta cun relevo moi accidentado, con altitudes mínimas de 300 metros e cumios de 1.200 m (serra do Eixe, ao sur), 1.236 m (serra dos Cabalos, ao norte, 1.540 m (monte de Montouto) ou 1.600 m (Lastra).

A orografía está conformada por pedra calcaria, lousa e cuarzo. Estas formacións rochosas, así como o encoro de Santiago, inflúen na climatoloxía, favorecendo a formación de microclimas húmidos con trazos continentais e unha forte influencia mediterránea apreciable na temperatura, nas precipitacións totais e na cuberta vexetal que combina especies frondosas coma o castiñeiro, ou a sobreira con fragas repoboadas de piñeiro.

A abundancia de zonas húmidas favorece a migración de especies como o mergullón cristado, garzas, cegoñas ou galiñas de auga.

Poboación editar

Censo total (habitantes) 1.793 (2014)
Menores de 15 anos 104 (5.8 %)
Entre 15 e 64 anos 1.022 (57 %)
Maiores de 65 anos 667 (37.2 %)
Evolución da poboación de Vilamartín de Valdeorras   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022
3.866 4.190 4.059 3.126 2.472 2.164 2.047 1.988 1.826 1.793 {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}} {{{2022}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia editar

Coñecida simplemente como Vilamartín, en 1916 a vila pasou a ser chamada Vilamartín de Valdeorras para distinguila doutros concellos de España. Entre eles están Villamartín (Cádiz), o antigo Villamartín de Villadiego (Burgos), Villamartín de Campos (Palencia) e Villamartín de Don Sancho (León).[8]

Cultura editar

 
Rúa de Vilamartín de Valdeorras

En 1914 o historiador e xurista Nicolás Tenorio Cerero publicou o libro La aldea gallega. Nel describe os costumes e tradicións do partido xudicial de Viana do Bolo a comezos do século XX.

Galería de imaxes editar

Parroquias editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Vilamartín de Valdeorras

Arcos (San Lourenzo) | Arnado (San Clemente) | Cernego (San Víctor) | Córgomo (Santa Comba) | Correxais (San Pedro) | O Mazo (Santo Antonio) | A Portela (San Xulián) | San Miguel do Outeiro (Santo Antonio) | San Vicente de Leira (San Vicente) | Valencia do Sil (San Bernabé) | Vilamartín de Valdeorras (San Xurxo)

Lugares de Vilamartín de Valdeorras editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilamartín de Valdeorras vexa: Lugares de Vilamartín de Valdeorras.

Notas editar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Vilamartín de Valdeorras".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. "Resultado eleccións 2023". Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  6. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Vilamartín de Valdeorras". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Méndez Fernández, Luz (2016). Real Academia Galega, ed. "Galicia no Decreto de 1916". Boletín da Real Academia Galega (377): 365–383. ISSN 1576-8767. 

Véxase tamén editar


 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.