Abrir o menú principal

San Vicente de Leira, Vilamartín de Valdeorras

Coordenadas: 42°27′11″N 07°03′49″O / 42.45306, -7.06361

San Vicente de Leira
ConcelloVilamartín de Valdeorras
Poboación101 hab. (2014)
Entidades de poboación3

San Vicente de Leira é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Vilamartín de Valdeorras. Segundo o IGE en 2014 tiña 101 habitantes (50 homes e 51 mulleres), 54 menos ca en 2004 (78 mulleres e 77 homes) e 89 menos ca en 1999. Ten tres entidades de poboación.

Xeografía e historiaEditar

Está situada ao norte do concello, lindando ao norte coa provincia de León a través da serra de Cabalos, cos picos Montouto (1541 m) e A Turriera (1610 m). No primeiro deles nace o río Leira, afluente do río Sil. Está comunicada a través da estrada provincial OU-0807, que comunica coa N-120. En marzo de 2018 a parroquia quedou incomunicada ao ser cortada a estrada[1][2].

No Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz indícase que a parroquia ten 65 vivendas, con 300 habitantes[3]. As festas parroquiais celébranse o 27 de setembro, día de san Vicente.[4]

Na parroquia hai diversas empresas adicadas á extracción de lousa da época do ordovícico[5]

NotasEditar

  1. "O corte físico da estrada a San Vicente de Leira obedece a cuestións de seguridade", artigo na web da Deputación de Ourense, 11 de marzo de 2018.
  2. "Unha parroquia de Valdeorras queda sen acceso por estrada pola acción dunha canteira", artigo en Praza Pública, 11 de marzo de 2018.
  3. Madoz Ibáñez, P. (1847). "LEIRA (SAN. VICENTE)". Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) X. Madrid. p. 125. 
  4. Álvarez Cao, R. (1993): Galicia pueblo a pueblo. Ed. La Voz de Galicia. ISBN 978-84-88254-24-5. Páx. 1536.
  5. Rodríguez González, X. A. (1992): La industria de la pizarra. Ediciones Díaz de Santos. ISBN 9788479780630. Páx. 26.

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar