Abrir o menú principal

Arnado, Vilamartín de Valdeorras

Coordenadas: 42°24′28″N 07°01′41″O / 42.40778, -7.02806

Arnado
Pazo de Arnado.jpg
Pazo de Arnado
ConcelloVilamartín de Valdeorras
Poboación37 hab. (2014)
Entidades de poboación1

San Clemente de Arnado é unha parroquia que se localiza no sueste do concello de Vilamartín de Valdeorras. Segundo o IGE en 2014 tiña 37 habitantes (19 homes e 18 mulleres), 12 menos ca en 2004 (25 mulleres e 24 homes) e 21 menos ca en 1999. Ten unha única entidade de poboación.

PatrimonioEditar

O pazo de Arnado ou pazo de Torre Penela é unha construción civil construída polo maxistrado e deputado Pedro Sanjurjo Flórez (fillo de Pedro Sanjurjo Pérez, conde de Torre Penela) na década de 1890. Está construído con perpiaño e tellado de lousa. O recinto inclúe unha capela e un terreo de 3 ha entre a construción e o río Sil, con cedros do Canadá. Foi mercado pola familia de Pedro Iglesias Naya á viúva de Pedro Sanjurjo, Pilar Agudín Bolívar, coa condición de que esta viviría alí até a súa morte, que aconteceu con 105 anos. O empresario Manuel Candal quixo usar o edificio como centro xeriátrico coa axuda da Deputación de Ourense, pero o proxecto non saíu adiante.[1]

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. "Los propietarios del castillo de Arnado lo ponen en venta", artigo de José M. Cruz en La Región, 12 de agosto de 2016 (en castelán).

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar