Manuel Candal

político galego

Manuel Candal Candal, nado en Ordes en 1935 e finado en Vilamartín de Valdeorras o 11 de novembro de 2009, foi un empresario e político galego.

Infotaula de personaManuel Candal
Biografía
Nacemento1935 Editar o valor em Wikidata
Ordes, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de novembro de 2009 Editar o valor em Wikidata (73/74 anos)
Vilamartín de Valdeorras, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Vilamartín de Valdeorras
1979 – 2008 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMaría Jesusa Candal Jarrín Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Rexentaba unha empresa en Vilamartín de Valdeorras. Foi nomeado alcalde deste concello en xuño de 1972 polo gobernador civil.[1][2] Nas primeiras eleccións democráticas presentouse encabezando a lista de UCD e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Galega obtendo de novo a maioría absoluta. Nas municipais de 1987 presentouse por Alianza Popular e volveu revalidar a alcaldía con maioría absoluta. Á fronte do PPdeG revalidou novamente a alcaldía con maioría absoluta nas seguintes eleccións de 1991, 1995, 1999, 2003 e 2007. Foi presidente da Fundación Valdegodos, unha entidade privada destinada á construción e xestión de asilos de anciáns.

Logo de perder o apoio dalgúns dos seus concelleiros, entre eles a súa filla, María Jesusa Candal, o 26 de novembro de 2008 presentou a dimisión alegando motivos de saúde.[3] Posteriormente o fiscal de Ourense acusouno dun delito de prevaricación urbanística por unhas licenzas de obra que asinara pouco antes da súa dimisión.[4]


Predecesor:
José Maceda López
  
Alcalde de Vilamartín de Valdeorras
 
1972 - 2008
Sucesor:
María Jesusa Candal

Vida persoal editar

Faleceu un ano despois de abandonar a alcaldía, vítima dun infarto. A corporación municipal encabezada pola súa filla, nomeouno "alcalde de honra" e fillo adoptivo de Vilamartín.[5]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar