Saltos del Sil

empresa hidroeléctrica española

Saltos del Sil foi unha empresa hidroeléctrica española creada en 1945. En 1963 foi adquirida por Iberduero, actual Iberdrola, con quen se fusionou en 1983[1].

Logotipo da empresa nun almacén da Rúa.
Encoro do Vao, no río Bibei.

HistoriaEditar

Foi constituída en 1945 pola empresa Minero Siderúrgica de Ponferrada, que lle traspasou as concesións hidráulicas das que dispuña desde 1944 na conca do río Bibei e a do río Sil entre A Ponte de Domingos Flórez e a súa desembocadura no río Miño. Entre os seus socios estaban tamén Banco Pastor, Banco Santander e Eléctricas Leonesas, vinculada co Banco Central. A sede central da empresa estaba en Madrid, pero as operativas constituíronse na Rúa, A Pobra de Trives e Viana do Bolo.

Xunto coa empresa Hidroeléctrica de Moncabril construíu todo o sistema hidroeléctrico da conca dos ríos Navea, Bibei, Camba, Xares e Tera. Contou coa súa propia empresa construtora, Construcciones del Sil, e con liñas eléctricas entre Galicia, Ponferrada e Madrid.

A Minero Siderúrgica de Ponferrada mantén actividade no sector eléctrico mediante a empresa Distribuidora Eléctrica del Sil.

NotasEditar

  1. "El origen de Iberdrola en Galicia: el Sil" Arquivado 06 de febreiro de 2018 en Wayback Machine., artigo na web de Iberdrola, 24 de novembro de 2009 (en castelán).

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar