O río Cabreira (en castelán, Cabrera; en ásturo-leonés cabreirés, Cabreira) é un río da provincia de León, afluente do Sil pola súa beira esquerda.

Modelo:Xeografía físicaRío Cabreira
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaLago da Baña Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaprovincia de León, España Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaCastela e León, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRío Sil Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°15′25″N 6°45′03″O / 42.257, -6.7509
42°24′40″N 6°49′46″O / 42.411139, -6.829311
Afluentes
Conca hidrográficaconca do Miño Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións63 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica561 km² Editar o valor en Wikidata

Descrición

editar

Fontes

editar

Nace no macizo de Trevinca, no lado leonés, ao pé do Picón (2.090 msnm), atravesando o lago glaciar da Baña.

Percorrido

editar

O seu curso inicial é de dirección cara ao leste, mais logo colle unha ampla curva N-NW, que o conduce até o val do Sil, río ao cal se xunta na Ponte de Domingo Flórez, logo de 69 Km de percorrido. Practicamente é un río encaixado, que apenas se abre en pequenas veigas.

O conxunto da súa cunca abrangue unha área de 561 Km².

Afluentes

editar

No cabreira desembocan, pola súa marxe dereita, o rego de Santa Eulalia, o de Noceda e o de Castrillo. Pola marxe esquerda conflúen nel o rego de Castrohinojo, o río de Silván e o de Benuza.

Réxime hídrico

editar

O Cabreira é un río de réxime pluvio-nival.

Étimo

editar

Toma o seu nome da comarca da Cabreira. A documentación medieval revela un nome anterior, pois é citado de dúas formas, Vivey e Ibei, a segunda das cales pode ser un estadio evolutivo da primeira por fonética sintáctica, pero tamén puido suceder ao revés. En todo caso Vivey sería paralelo ao actual Bibei, outro afluente do Sil, este en terras galegas. Ibei ten tamén paralelos na raíz, como o Ibias, en Asturias, ou o Iberus, o actual Ebro, e aínda o vasco ibai, "río".