Lago da Baña
O lago da Baña (oficialmente Lago de la Baña e denominado Llagu Lla Baña [1] en asturleonés) é unha lagoa de orixe glaciar situada preto de La Baña, Encinedo, na comarca de Cabreira en León. É un espazo declarado "monumento natural" ao norte da serra da Cabreira e da serra da Mina.[2]
Tipo | monumento natural de España espazo natural protexido | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | España | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 731 ha 796,05392 ha | |||
IUCN categoría III: Monumento Natural | ||||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 142953 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1990 | |||
Formouse por erosión glaciar e conta ao redor cun circo glaciar rematado polos cumes de Pena Trevinca (2.127 m) e Pena Surbia, no límite de Galiza. No lago destaca unha morena glaciar formada por laxes de lousa, que se atopa nun bo estado de conservación, malia as actividades de minaría a ceo aberto que se realizan nas súas proximidades.
Na paisaxe da contorna abondan distintas aves de rapina, lobos, xabarís e troitas, así como bidos, acivros e moi diversos tipos de fentos de montaña.
Notas
editar- ↑ "Llagu la Baña, Monumento Natural".
- ↑ Monumentos naturales de Castilla y León, Junta de Castilla y León. (eds.). "Monumento Natural 'Lago de la Baña'".