Río Mao, río Sil

río da provincia de Ourense, afluente do río Sil

O río Mao é un curso fluvial galego. Nace nos altos da serra de San Mamede, no concello ourensán de Montederramo, e desauga no río Sil, entre os concellos da Teixeira e Parada de Sil.

Río Mao
Encoro no río Mao
PaísEspaña España
Comunidade autónomaGalicia Galicia
NacementoSerra de San Mamede
LonxitudeArredor de 30 km
DesembocaduraRío Sil
Altitude desembocadura240 msnm

Traxecto

editar

Comeza o seu curso como un río de montaña, e axiña chega á capital do concello, Montederramo. Forma un só encoro, o de Leboreiro, no concello de Montederramo. Este encoro posúe unha central hidroeléctrica, A Fábrica da Luz, que se sitúa preto da desembocadura. Desemboca varios quilómetros máis abaixo da presa, no encoro de Santo Estevo, formando un canón, dos máis impresionantes da provincia de Ourense. O río descende en moi poucos quilómetros dende os 860 msnm en Leboreiro até os 240 no Sil.

No val, preto da súa desembocadura, están a capela e necrópole de San Vítor de Barxacova. Ademais, na mesma zona, existe unha ruta que discorre por unha pasarela de madeira.