A Teixeira
A Teixeira é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Caldelas e que forma parte da Ribeira Sacra. Segundo o IGE no ano 2019 tiña 316 habitantes (159 homes e 157 mulleres) (551 en 2003), sendo este o segundo dos 4 concellos galegos que ten menos de 500 habitantes, xunto con Negueira de Muñiz, Larouco e Chandrexa de Queixa; á parte de ser un dos máis avellentados, cunha media de idade superior aos 60 anos.
A Teixeira | |
---|---|
Casa do concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | teixeirés |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca da Terra de Caldelas |
Poboación | 345 hab. (2022)[2][3] |
Área | 27,6 km²[3] |
Densidade | 12,5 hab./km² |
Entidades de poboación | 8 parroquias[4] |
Política (2023 [5]) | |
Alcalde | Xosé Vázquez Rodríguez (BNG[6]) |
Concelleiros | BNG: 4 PPdeG: 3 |
Eleccións municipais na Teixeira | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 80,24% |
Na rede | |
http://www.ateixeira.es/ | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «teixeirés».
Demografía editar
Censo total | 315 (2020) |
---|---|
Menores de 15 anos | 15 (4.78 %) |
Entre 15 e 64 anos | 150 (47.62 %) |
Maiores de 65 anos | 150 (47.62 %) |

Evolución da poboación da Teixeira Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 |
2.271 | 2.110 | 2.104 | 2.030 | 547 | 479 | 428 | 415 | 406 | 391 | 378 | 368 | 339 | 332 | 316 | 315 | 336 | {{{18}}} |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Paisaxe editar
É un concello dunha paisaxe moi fermosa: a 1 km da vila existe unha excelente vista dos canóns do Sil. Presenta verdes prados e montañas nas que a árbore predominante é o castiñeiro.
Economía editar
A agricultura é a base da economía, predominando o viñedo: nos últimos anos creáronse moitas adegas que producen viño coa denominación de orixe Ribeira Sacra.
Parroquias editar
Lugares da Teixeira editar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Teixeira vexa: Lugares da Teixeira.
Notas editar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "A Teixeira".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023.
- ↑ "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Teixeira |