Vilasante, Cervantes
Coordenadas: 42°48′45.6″N 7°02′53.8″O / 42.812667, -7.048278
Santiago de Vilasante é unha parroquia que se localiza no concello de Cervantes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 60 habitantes (31 mulleres e 29 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 72 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 45 habitantes, sendo 21 homes e 24 mulleres.
Vilasante | |
---|---|
Concello | Cervantes[1] |
Provincia | Lugo |
Poboación | 45 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
A parroquia denominouse Santiago de Ribasmorto ata principios do século XIX.
PatrimonioEditar
No lugar do Fabal está o castro da Penatallada, situado na leira de Reboleira dos Señores, tamén chamada Reboleira da Penatallada. O castro foi cristianizado coa construción da capela de Santa Catalina, actualmente en ruínas. O poboado castrexo conserva as murallas e foxos, e un gran corte na pena que lle dá nome.
Na mesma aldea está o pazo dos Señores do Fabal, fundado no século XVI polos Santín de Neira. Ten unha capela de San Bartolomé construída en 1726 co panteón familiar.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de VilasanteEditar
Lugares da parroquia de Vilasante no concello de Cervantes (Lugo) | |
---|---|