O Fabal, Vilasante, Cervantes
O Fabal é un lugar da parroquia de Vilasante no concello lugués de Cervantes, na comarca dos Ancares. Segundo o IGE en 2013 tiña 10 habitantes (4 homes e 6 mulleres).
O Fabal | |
---|---|
Parroquia | Vilasante |
Concello | Cervantes |
Coordenadas | 42°49′07″N 7°03′08″O / 42.818727132975, -7.0523190127939 |
Poboación | 10 hab. (2013) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarO lugar está situado na cabeceira do val de Cancelada, e conta cun numeroso patrimonio histórico. O castro de Penatallada está na Reboleira dos Señores, e conserva foxos, murallas, cercas, e construcións. No propio castro están os restos da capela de Santa Catalina.
Na aldea está o Pazo do Fabal, casa patrucial dos señores do Fabal, construído no século XV e con capela-panteón construída en 1726 baixo a advocación de san Bartolameu, nome do fundador do morgado. Nela xacen antepasados da familia e aínda segue a ser hoxe panteón da familia. Entre os personaxes ilustres desta casa destaca José Quiroga Méndez.
Lugares e parroquias
editarLugares de Vilasante
editarLugares da parroquia de Vilasante no concello de Cervantes (Lugo) | |
---|---|