José Quiroga Méndez
José Quiroga Méndez, nado en Vilasante (Cervantes) o 14 de maio de 1707 e finado en Boloña o 23 de outubro de 1784, foi un mariño e relixioso galego.
José Quiroga Méndez | |
---|---|
Nacemento | 14 de maio de 1707 |
Lugar de nacemento | Vilasante |
Falecemento | 23 de outubro de 1784 |
Lugar de falecemento | Boloña |
Nacionalidade | España |
Relixión | catolicismo |
Ocupación | explorador |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Nado no pazo do Fabal. Cursou estudos na Escola Naval Española. En 1736 ingresou na Compañía de Xesús, estudou Artes en Santiago de Compostela e foi ordenado sacerdote. En 1745 marchou a Arxentina, onde destacou como cartógrafo e matemático. Fundou a cátedra desta materia na Universidade de Córdoba e foi profesor no colexio de San Ignacio de Bos Aires. Explorou, por orde de Filipe V, as costas meridionais de Río da Prata ata o estreito de Magallanes. En 1767 foi expulsado da Arxentina e marchou desterrado a Italia. Foi o mellor cartógrafo español do século XVIII e a el débense os mellores traballos cartográficos dese século, manuais da navegación e o primeiro plano da cidade de Bos Aires, coñecido polo nome do seu divulgador Charlevoix. Realizou un Mapa de las misiones de la Compañía en los ríos Paraná y Uruguay (1749).
ObrasEditar
- Relación del viaje a la costa de los Patagones.
- Tratado del arte verdadero de navegar, 1784.
- Breve noticia del viaje por el río Paraguay.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- "Méndez y Quiroga, José". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Porrúa Martínez, Enrique. "Quiroga Méndez, José (1707-1784)" Arquivado 09 de novembro de 2021 en Wayback Machine.. Enciclopedia Universal Micronet (en castelán).
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 147-148.
- Dosil Mancilla, Francisco Javier (2012), "José Quiroga Méndez", Álbum da Ciencia. Consello da Cultura Galega.