Río Ser
O Ser, é un pequeno río galego na provincia de Lugo, afluente do río Navia pola súa marxe dereita.
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | España | |||
Localización | Serra dos Ancares | |||
Final | ||||
División administrativa | Asturias, España | |||
Localización | río Navia | |||
| ||||
Características | ||||
Dimensións | 19 () km | |||
Percorrido
editarO Ser nace da confluencia de varios regos e ríos de montaña, formados varios deles a máis de 1.400 msnm, nas vertentes occidentais da serra dos Ancares, que veñen unirse non lonxe de Donís, no concello de Cervantes. Atravesa a parte setentrional dese concello, para entrar logo no municipio de Navia de Suarna, e desaugar nunha paraxe onde veñen confluír os lindes dos concellos de Cervantes, Navia de Suarne e Becerreá, logo de percorrer case 19 km.
A súa conca abrangue unha área de 114 km².
Rutas de sendeirismo
editarNo percorrido do río hai diversas rutas de sendeirismo, tanto lonxitudinares ao longo do río como circulares. [1][2][3]
Réxime hídrico
editarO Ser é un río de réxime pluvio-nival.[4]
Afluentes
editarA maioría dos seus afluentes son pequenos regos de montaña, destacando entre os de maior desenvolvemento o río de Vilaver, pola súa marxe esquerda.
Protección
editarO curso do Ser atópase incluído dentro da zona especial de conservación de Cruzul - Agüeira.
Étimo
editarO nome do Ser está unido á raíz indoeuropea *sreu- "fluír".
Notas
editar- ↑ enlace, Obtener; Facebook; Twitter; Pinterest; electrónico, Correo; aplicaciones, Otras. "Que ver en... NAVIA DE SUARNA" (en castelán). Consultado o 2022-03-26.
- ↑ "GR Ser, Río Ser - Vilaquinte (carreiros.es)". Wikiloc; Rutas del Mundo (en castelán). Consultado o 2022-03-26.
- ↑ "Ruta Rio Ser - Circular". Wikiloc; Rutas del Mundo (en castelán). Consultado o 2022-03-26.
- ↑ "Ríos de régimen fluvial nival". globedia.com (en castelán). Consultado o 2022-03-26.[Ligazón morta]
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Artigo sobre a obra de Constantino Bértolo adicada ao río Ser. [1]