Piornedo, Donís, Cervantes
lugar da parroquia de Donís, no concello de Cervantes
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Piornedo.
Piornedo é un lugar da parroquia de Donís, no concello de Cervantes, na comarca dos Ancares, na provincia de Lugo. Segundo o IGE[1] en 2013 tiña 43 habitantes (23 homes e 20 mulleres), 3 máis ca en 2007.
Piornedo | |
---|---|
Palloza en Piornedo. | |
Parroquia | Donís |
Concello | Cervantes |
Coordenadas | 42°51′24″N 6°52′33″O / 42.8567, -6.8758 |
Poboación | 43 hab. (2013) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarEsta aldea é famosa polas pallozas que se poden ver nas súas rúas, típicas das antigas aldeas da montaña luguesa. Unha delas, a Casa do Sesto, está musealizada para dar a coñecer como era a vida nestas singulares construcións[2]. Ademais, é punto de partida de varias rutas de sendeirismo que permiten aproximarse á riqueza natural, paisaxística e etnográfica dos Ancares [3].
Notas
editar- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de abril de 2021.
- ↑ Palloza Museo Casa do Sesto
- ↑ VV. AA. (2008). Rutas para caminar por Galicia. Os Ancares (Lugo). Ediciones Nobel.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Donís, Cervantes.
-
Capela de San Lourenzo.
Lugares e parroquias
editarLugares de Donís
editarLugares da parroquia de Donís no concello de Cervantes (Lugo) | |
---|---|
Cabana Xaraz | Castelo | Corneantes | Donís | O Mazo | Moreira | Noudelo | Piornedo | As Pontes | Robledo | Vilar | Vilarello | Xantes |