De Vacas
De Vacas é un cuarteto musical formado polas vocalistas Inés Salvado (a Marela), Faia Díaz (a Pinta) e Paula Romero (a Morena) e o guitarrista Guillerme Fernández (a Rubia).[1] O grupo fai versións en galego de temas comerciais, mudando a letra e dándolles un formato retranqueiro e divertido.
De Vacas | |
---|---|
De Vacas nunha actuación musical no Porriño (2018) | |
Orixe | Galicia |
Período | 2015 - Actualidade |
Membros | Inés Salvado (a Marela) Faia Díaz (a Pinta) Paula Romero (a Morena) Guillerme Fernández (a Rubia) |
Na rede | |
https://devacas.gal/ | |
Traxectoria
editarDe vacas naceu cando Faia, Inés e Paula, que cantaban xuntas no coro da Rá de Santiago,[2] descubriron nunha conversa que todas eran fans das Spice Girls. Decidiron naquel momento crear un grupo co que reivindicar a súa música. Para iso incorporaron á formación o experimentado músico Guillerme Fernández, guitarrista de grupos ben coñecidos como Berrogüetto ou aCadaCanto.[3]
O seu primeiro videoclip foi lanzado en 2015, unha versión do "Gangnam Style" do rapeiro coreano PSY.[4] O seu primeiro concerto foi o verán do ano seguinte, no festival Feito a Man de Santiago, onde percibiron unha boa acollida por parte do público.[3] En 2017 publicaron un novo clip: Amodiño, unha versión do "Despacito" do cantante Luis Fonsi. Axiña se fixo viral nas redes sociais, o que as popularizou definitivamente. Desde aquela teñen sacado versións doutros artistas como Enrique Iglesias, Michel Teló, Rosalía, Sabrina ou Pitbull.
Notas
editar- ↑ "QUEN SOMOS". De Vacas. Consultado o 2022-03-30.
- ↑ CoroDaRa (05/07/2010). Coro da Ra - Vídeo Presentación (Youtube).
- ↑ 3,0 3,1 Novoa, Tamara (2018-02-15). "De Vacas: “Na versión do Despacito contamos unha experiencia sexual desde a perspectiva da muller”". A Movida. Consultado o 2022-03-30.
- ↑ "Vídeo de Gangnam Style cantado en swing por De Vacas, emergente trío vocal de Galicia". La Ganzua (en castelán). 2015-07-17. Consultado o 2022-03-30.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- 10 preguntas para... - De Vacas. - XuvenTV Online. Youtube (2017).