Berrogüetto

grupo galego de música folk moderna

Berrogüetto foi un grupo galego, de música folk moderno, activo entre 1996 e 2014[1]. Algúns dos compoñentes de Berrogüeto formaron parte anteriormente do grupo Matto Congrio, xunto a outros artistas como Carlos Núñez. O seu primeiro disco, Navicularia, supuxo unha gran revolución no panorama da música folk, polo seu innovador estilo partindo de melodías tradicionais. No ano 2002 foron nomeados aos premios musicais Grammy Latino 2002 na categoría de "Mellor álbum folk"[2][3].

Berrogüetto
OrixeGaliza
Período1996–2014
Xénero(s)Folk
Selo(s) discográfico(s)Boa Music
MembrosGuadi Galego, Anxo Pintos, Xabier Díaz, Guillerme Fernández, Quico Comesaña, Quim Farinha, Santiago Cribeiro e Isaac Palacín.
Na rede
Berroguetto.com
Facebook: 128004124917 MySpace: berroguetto Last fm: Berrogüetto Musicbrainz: 6285a40e-f315-4e03-a991-607af695b12c Songkick: 44400 Discogs: 1815652 Allmusic: mn0000048733 Editar o valor em Wikidata

Membros do grupo editar

Discografía editar

 
O setestrelo serviu de inspiración en Hepta.

Premios editar

  • Navicularia (1996):
    • Premio da asociación da Crítica Alemá do Disco en 1997, compartido con Ry Cooder, mellor disco de world music
    • Premio ‘Eiserner Eversteiner’ en 1998, mellor grupo folk europeo
    • Premio Ideal en 1997, ao grupo revelación
  • Viaxe por Urticaria (1999)
    • “Premio Luar”, ao mellor álbum folk do ano
    • Premio “AGAPI”, pola banda sonora da película “La Rosa de Piedra” (Manuel Palacios, 1999)
  • Hepta (2001)
    • “Premio da Asociación da Crítica Alemá do Disco” no 2001 (mellor disco de world music)
    • “Premio Opinión” 2001 (mellor disco folk)
    • Finalistas dos “Premios de la Música” da “Academia de las Artes y la Ciencias de la Música” do 2001 (mellor álbum en Galego)
    • Finalistas dos Grammy Latinos 2002 (mellor disco folk)
  • 10.0 (2006)
    • “Premio da Asociación da Crítica Alemá do disco” (2006)
    • “Premio Opinión” (2006)
    • Candidatura nos “Premios De La Música” da “Academia de las Artes y las Ciencias de la Música” do 2006.
  • Kosmogonías (2010)
    • Premio á mellor canción en galego na “XV Edición dos Premios da Música”, outorgado pola “Academia de las Artes y las Ciencias de la Música” no 2011.
  • Premio da Crítica Galicia á Música en 2014, por toda a súa traxectoria.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Berrogüetto. O pulso da Terra, de Fernando Neira, 2011, Galaxia.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar