Isaac Palacín Losada, nado en Mos, o 19 de xuño de 1967, é un músico galego.

Modelo:BiografíaIsaac Palacín
Biografía
Nacemento19 de xuño de 1967 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Mos, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico Editar o valor en Wikidata
InstrumentoInstrumento de percusión Editar o valor en Wikidata

Musicbrainz: 6f997c39-bf07-4f5f-a508-b6d8f5a15745 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Formouse como batería e percusionista co mestre cubano Ruy López-Nussa, aprendizaxe que completou con clases de percusión afrocubana con Emilio del Monte e de percusión tradicional galega con Francisco Estévez. Entre os 14 e os 17 anos exerce como afeccionado, formando parte de diversos grupos de rock como La banda del predicador e La nécora prodigiosa entre outros. Ao ano seguinte fixo a súa primeira incursión no mundo do folk como integrante da formación que acompañaba á cantante Uxía. Estivo tamén no colectivo Ya'sta la truop, colaborando con artistas como Los toreros muertos, Poyito de California e Rafa Kass. Máis recentes son as colaboracións nos proxectos do pianista cubano Jorge González "Bombero" ou o autor brasileiro Fred Martíns. No ano 1991 intégrase en Matto Congrio, e no 1995 é un dos confundadores de Berrogüetto.

Colaborou tamén en gravacións de distintos xéneros, con grupos como Na Lúa, Os Diplomáticos de Monte-Alto, Anubía, Batuko Tabanka, Heredeiros da Crus, Magín Blanco, Beladona, Lizgairo ou The Chieftains. Paralelamente efectuou tarefas de gravación e coprodución artística con Chouteira, Caldaloba, Pan de Capazo, Santi Quintáns, Paco Charlín e o Seminario Permanente de Jazz entre outros. Pola súa vez, tamén tivo relación co sector audiovisual, no que realizou traballos de Xefe e Postprodutor de Son.

Traballos discográficos

editar

Traballos publicados con Berrogüetto

editar

Traballos publicados con Matto Congrio

editar
  • Matto Congrio, 1993.

Participación noutros traballos colectivos

editar
  • Instrumentos tradicionais galegos, co Grupo didáctico de Instrumentos Populares da Universidade Popular de Vigo.

Traballos audiovisuais

editar

Colaboracións

editar
  • O muíño abandonado, de Lino Fernández, 2006.
  • A semente, de María Reimóndez, 2006.
  • Tecendo o fío da memoria, de María Reimóndez, 2006.
  • Llanos. Presenza e devir dun fotógrafo, de María Ojea, 2008.

Premios

editar

Con Berrogüetto

editar
  • Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor grupo folk no 1997.
  • Eiserner Eversteiner, premio europeo da música no 1998.
  • Premio AGAPI á mellor banda sonora na película A rosa de pedra no 1999.
  • Premio La Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego no 2002.
  • Finalista do premio ao mellor álbum en galego na VI Edición de los Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2002.
  • Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor grupo folk no 2002.
  • Nomeamento pola Academia Latina de Artes e Ciencias da Gravación á 3ª edición dos Premios Grammy Latinos no apartado de Mellor Álbum de Música Folk no 2002.
  • Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor disco de World Music por 10.0 no 2007.
  • Premio La Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego no 2007.
  • Finalista do premio ao mellor álbum en galego na Edición de los Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2007.
  • Premio á mellor canción en galego na XV Edición dos Premios da Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2011.

Bibliografía

editar
  • Berrogüetto. O pulso da Terra, 2011, Galaxia, de Fernando Neira.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar