Anubía é un grupo musical galego formado en 1998 por seis mulleres pandeireteiras –Isabel Vilaseco, Eva Blanco, Ana Blanco, Maite, Teresa e Patricia– que combinan nas súas cancións tradición e modernidade.

Anubía
OrixeGalicia Galicia
Período1998 - ?
Selo(s) discográfico(s)Boa Music

Traxectoria

editar

Antes do nacemento de Anubía as membros do grupo coincidiron na formación santiaguesa Cantigas e Agarimos e participaron en 1996 no álbum de estrea de Berrogüetto, Navicularia, tocando tamén en directo coa banda.[1]

Anubía formaríase en 1998 e o seu primeiro traballo discográfico titulouse Segredo a voces (Boa Music, 2001), e fai referencia a que elas cantan coas súas voces os segredos máis profundos da música oral de Galiza.

Nos doce temas que se recollen no disco, escoitamos polifonías vocais ben equilibradas entre elas e cos instrumentos. A produción correu a cargo de Pancho Álvarez, membro da banda de Carlos Núñez. Nesta ducia de temas hai influencias árabes e pop, xunto á tradición. A música de catro dos membros de Berrogüetto na gravación do álbum contribúe a dotar o son dunha calidade excepcional.

Discografía

editar

Álbums

editar
Álbum Ano Selo
Segredo a voces 2001 Boa Music

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar