Guadi Galego

cantante galega

Guadalupe Cribeiro Galego, coñecida como Guadi Galego, nada en Cedeira en 1974, é unha cantante galega.

Modelo:BiografíaGuadi Galego

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(gl) Guadalupe Cribeiro Galego Editar o valor en Wikidata
1974 Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
Cedeira, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz, piano e gaita galega Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsSantiago Cribeiro Editar o valor en Wikidata

Sitio webguadigalego.eu Editar o valor en Wikidata
Facebook: Guadi-Galego-110964858969160 Twitter: guadigalego Instagram: guadigalego Youtube: UCROXVXNMyYJRZhekZ8fa1jQ BNE: XX1026788 BUSC: galego-guadi Spotify: 4qiV7esJIt796GLcTRO0a4 iTunes: 217754161 Musicbrainz: da150c04-ae07-4769-81fd-ac9821f2a5bd Songkick: 4784288 Discogs: 1650432 Allmusic: mn0001022974 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Guadi Galego comezou a súa formación de música dende moi nova. Dende o ano 1997 foi gaiteira, pianista e vocalista no grupo Berrogüetto, co que gravou tres discos até xaneiro de 2008 (Viaxe por Urticaria, Hepta e 10.0). Tamén formou parte do dúo Espido e de Nordestin@s.

A súa carreira en solitario iniciouse co álbum Benzón, que se publicou en 2009.[1] Este disco foi moi aclamado pola crítica galega e a española, recibindo o Premio Opinión ao mellor disco folk do ano[2] e a candidatura á mellor canción en galego nos Premios da Música polo tema "Madama", no que colaboraban Pedro Pascual e Rosa Bugallo.[3]

En 2012 uniuse aos músicos Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero para formar o grupo aCadaCanto[4] que sacou un disco de igual nome ese ano e outro en 2013 titulado A rosa d'Adina, no que musicaron versos de Rosalía de Castro.[5][6]

Presentou o seu disco Lúas de outubro e agosto o 25 de novembro de 2014, Día Internacional da eliminación da Violencia contra a muller, no que inclúe a canción "Matriarcas" facendo unha homenaxe ás mulleres reais e a súa vida cotiá.[7] En 2016 presentou o seu terceiro álbum en solitario, titulado O mundo está parado.[8]

No mes de maio, con motivo das actividades do Día das Letras Galegas en 2017, participou nun acto organizado polo Centro de Formación e Recursos (CFR) co obxectivo de fomentar o canto coral nos colexios e institutos utilizando como base o repertorio de grupos e cantantes galegos actuais. Xuntáronse nunha nave do estaleiro Navantia uns mil estudantes de Primaria e Secundaria para gravar, xunto a Guadi Galego, o seu tema "Chea de vida" baixo a batuta de Ramón Bermejo.[9][10]

No ano 2018, colaborou con Iván Ferreiro na banda sonora da serie Fariña.[11] O 17 de maio, Día das Letras Galegas, actuou no programa televisivo Late Motiv de Andreu Buenafuente convidada expresamente como artista galega para actuar en directo nun programa estatal.[12][13]

En outubro de 2019 publicou Immersion, un álbum no que interpretou temas dos seus tres discos anteriores, mais esta vez en sete linguas da Península Ibérica: catalán, éuscaro, aranés, asturiano, portugués, castelán e galego.[14] Contou con colaboracións de numerosos artistas como Iván Ferreiro, Vega, Lisandro Aristimuño, Germán Díaz, Andrés Suárez Otero, Mikel Urdangarin ou Abe Rábade.[15] En novembro de 2020 publicou Costuras, o seu sexto disco en solitario, formado por dez novos temas.[16]

Discografía

editar
 
Guadi Galego na gravación de IMMERSION

Traballos con Berrogüetto

editar

Traballos con Espido

editar
  • Espido (2005).

Traballos con Nordestin@s

editar
  • Nordestin@s (2006).

Traballos propios

editar

Traballos con aCadaCanto

editar
  • aCadaCanto (2012).
  • A rosa d'Adina (2013).

Galardóns

editar
  • Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado 2020

Con Berrogüetto

editar
  • Premio Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego no 2002.
  • Finalista do premio ao mellor álbum en galego na VI Edición de los Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2002.
  • Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor grupo folk no 2002.
  • Nomeamento pola Academia Latina de Artes e Ciencias da Gravación á 3ª edición dos Premios Grammy Latinos no apartado de Mellor Álbum de Música Folk no 2002.
  • Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor disco de World Music por 10.0 no 2007.
  • Premio Opinión outorgado pola crítica galega ao segundo mellor álbum galego por 10.0 no 2007.
  • Finalista do premio ao mellor álbum en galego na edición dos Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2007.

Con Nordestin@s

editar
  • Premio La Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego do 2006.
  1. anosaterraTV (2009-05-28). "Benzón, o novo disco de Guadi Galego". Consultado o 2019-02-19. 
  2. "A 'Benzón' de Guadi Galego logra o triunfo nos IX Premios Opinión". La Opinión A Coruña. 1 de marzo de 2010. Consultado o 25 de outubro de 2019. 
  3. "Luar na Lubre gana el premio al mejor álbum de música tradicional y Carlos Bau el de mejor canción en gallego" (en castelán). 17 de febreiro de 2010. Consultado o 25 de outubro de 2019. 
  4. "Un cuarteto musical de luxo mais efémero: aCadaCanto". Sermos Galiza. 23 de maio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2019. Consultado o 25 de outubro de 2019. 
  5. "aCadaCanto envolve en intimismo a intensa emoción de Rosalía". La Voz de Galicia. 19 de decembro de 2013. Consultado o 25 de outubro de 2019. 
  6. "Rosalía séntese aCadaCanto en Compostela". Sermos Galiza. 9 de maio de 2014. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2019. Consultado o 25 de outubro de 2019. 
  7. "Guadi Galego presenta un canto de amor a la mujer y a la libertad este 25-N". La Opinión A Coruña. Consultado o 2019-02-19. 
  8. "Guadi Galego presenta su disco «O mundo está parado»". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de decembro de 2016. Consultado o 25 de outubro de 2019. 
  9. "Uns 1.000 alumnos cantarán con Guadi Galego no estaleiro de Navantia". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 2019-03-11. 
  10. CFR Ferrol (2017-05-15). "1000 nenas e nenos canta "Chea de vida"". Consultado o 2019-03-11. 
  11. Valerio, Isidoro (29 de maio de 2019). "Guadi Galego e Iván Ferreiro, en Cedeira". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de abril de 2020. 
  12. "Guadi Galego: "Estamos pasando por un dos momentos máis duros para a lingua galega" Praza.gal. 17/5/2018.
  13. https://www.youtube.com/watch?v=MrVvEH6BAOY
  14. "Guadi Galego revisa o seu cancioneiro en 'Immersion'". Sermos Galiza. 24 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2019. Consultado o 25 de outubro de 2019. 
  15. "«Inmersión», el nuevo disco de Guadi Galego". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de setembro de 2019. Consultado o 25 de outubro de 2019. 
  16. "Guadi Galego: “A cultura é un ben esencial e necesario para que as vidas da xente se sintan cheas”". Diario de Ferrol. 20 de novembro de 2020. Consultado o 20 de novembro de 2020. 
  17. "Guadi Galego presenta su disco «O mundo está parado»". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-12-14. Consultado o 2019-02-10. 
  18. Pardo, Miguel (17 de maio de 2018). "Guadi Galego: "Estamos pasando por un dos momentos máis duros para a lingua galega"". Praza.gal. Consultado o 18 de maio de 2018. 
  19. Dopico, Montse (8 de novembro de 2019). "Guadi Galego presenta ‘Immersión’: un disco de “catarse emocional” para situar as linguas peninsulares “á altura dos afectos”". Praza.gal. Consultado o 16 de novembro de 2019. 
  20. 20,0 20,1 "Guadi Galego". culturactiva.org. Consultado o 17-04-2018. 
  21. "Rebulir 2018 reúne a grupos de España, Portugal, México y Guinea". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2019-02-19. 
  22. "Día Internacional de las Mujeres Rurales, 15 de octubre". www.un.org (en castelán). Consultado o 2019-02-19. 
  23. "La Diputación y Fademur reconocen a Guadi Galego en el día de la mujer rural". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 2019-02-19. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar