Xosé Ramón Gayoso

presentador galego de televisión

Xosé Ramón Gayoso Bonigno, nado na Coruña o 25 de abril de 1956, é un presentador da Televisión de Galicia e un dos personaxes públicos máis coñecidos en Galicia. Presentou varios programas da canle pública galega dende a súa mesma creación, en 1985, facéndose enormemente popular polo seu traballo en Luar, programa que presenta dende 1992.

Modelo:BiografíaXosé Ramón Gayoso

(2021) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de abril de 1956 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentador de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1985 Editar o valor en Wikidata -
Premios

IMDB: nm1085431 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Estudou no colexio coruñés da Grande Obra de Atocha. Licenciouse en dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Practicante de atletismo, en concreto lanzamento de martelo, proclamouse campión de España xuvenil en 1975 cun lanzamento de 46 m.[1]

Practicando atletismo coñeceu a Álvaro Someso, campión galego de salto de altura en 1973 e xogador de balonmán do OAR A Coruña,[2] con quen en 1976 formou o dúo Álvaro y José Ramón. En marzo do ano seguinte o dúo saíu vencedor da cuarta edición do Festival da Canción «Liceo La Paz», onde un xurado formado entre outros por Nonito Pereira, lles deu a maior puntuación, por diante de Ana Mediero (segunda) e o grupo Escaino (terceiros).[3]

En 1978 o dúo mudou o seu nome polo de Keltia e a finais dese ano editaron Choca esos cinco, un disco que foi producido por CBS, onde a metade das cancións estaban interpretadas en galego, e onde facían versións de José Afonso e musicaban a Rosalía de Castro.[4][5] En marzo de 1979 Keltia realizou unha actuación en TVE, dentro do programa musical Aplauso.[2][6]

 
Xosé Ramón Gayoso na edición de 2019 do certame Miss Vaca celebrado no programa Luar da TVG

Recomendado pola cantante Elsa Baeza, marchou a Madrid traballar ao despacho de avogados de Luis Zarraluqui, especializado en divorcios e nulidades, co que tivo que intervir en casos no Tribunal de La Rota. Logo de tres anos, regresou a Galicia e comezou a traballar na TVG. Tentouno como asesor xurídico, pero acabou traballando de presentador desde a súa inauguración en 1985.[4] Presentou programas como Entre nós, Boa Noite, Lúa Nova, O veciño do xoves, Corazonada, Adiviña quen ven esta noite e Pensando en ti. Pero foi con Luar, a partir de 1992, cando se fixo inmensamente popular.

No ano 2017 recibiu a Medalla Castelao.[7] Neste ano tamén lle foi concedido o Premio Rebulir da Cultura Galega en recoñecemento á súa traxectoria na difusión e posta en valor da cultura de Galicia a través do programa Luar.[8] Foi Premio da Cultura Galega, modalidade Audiovisual en 2022.[9] Segundo o xurado, "o seu rostro aparece desde o primeiro minuto da emisión da TVG, e desde entón mantense na pantalla nun dos programas máis lonxevos".[10]

No ano 2023 someteuse a unha operación de cadeira, sendo substituído temporalmente por Esther Estévez.[11]

Galardóns e nomeamentos

editar
Ano Categoría Produción Resultado
2002 Mellor comunicador de televisión Luar Gañador
2010 Mellor comunicador de televisión Luar Nomeado
2013 Mellor comunicador de televisión Luar Gañador
  1. Mejuto, Vítor (24 de setembro de 2023). "Viaje al mundo íntimo de Gayoso". www.lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 24 de setembro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "Esta tarde, en Televisión Actuación del dúo coruñés «Keltia», en el programa «Aplauso»". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 10 de marzo de 1979. p. 30. 
  3. "Álvaro y José Ramón, ganadores del IV Festival de la Canción Liceo La Paz". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 1 de abril de 1977. p. 23. 
  4. 4,0 4,1 Bugallal, Isabel (2010-05-04). "José Ramón Gayoso: "La culpa de todo la tienen mis padres por subirme al escenario"". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2023-09-24. 
  5. Soto, Roque (25 de xuño de 2008). "Cara Tula". caratulascoque.blogspot.com (en castelán). Consultado o 2023-09-24. 
  6. Actuación de Keltia no programa Aplauso (Televisión Española). 10 de marzo de 1979. 
  7. "Gayoso, Beramendi, Cristina Pato, Oceanográfico de Vigo e o Grupo Nove, Medallas Castelao 2017". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2017. Consultado o 8 de xuño de 2017.  Arquivado 17 de xullo de 2017 en Wayback Machine.
  8. Redacción (2017-09-19). "Uxía, Gayoso e Lois Antón recibirán os premios Rebulir de Cultura Galega en Ramirás". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 2023-09-24. 
  9. Galicia, Xunta de (2022-10-04). "Os premios da Cultura Galega 2022 recaen en Marica Campo, María Victoria Carballo-Calero, Melania Cruz, Música en Compostela, Xosé Manuel Gayoso, Manuel González, Xacarandaina e o programa ConCiencia". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2022. Consultado o 2022-10-04. 
  10. Diario, Nós (2022-10-04). "Os Premios da Cultura Galega recoñecen, entre outros, a Marica Campo, Gayoso e Melania Cruz". Nós Diario. Consultado o 2022-10-05. 
  11. "¿Quién es Esther Estévez, la nueva presentadora de 'Luar' que sustituirá a Gayoso?". Faro de Vigo (en castelán). 23 de setembro de 2023. Consultado o 23 de setembro de 2023. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar
  • Luar no sitio web da TVG.