Abrir o menú principal

Lucía Jiménez

actriz española

Lucía Jiménez, nada en Segovia o 21 de novembro de 1978, é unha actriz e cantante castelá-leonesa.

Lucía Jiménez
Lucia Jimenez.jpg
Nome completoLucía Jiménez Arranz
Nacemento21 de novembro de 1978
LugarSegovia
NacionalidadeEspaña
Cónxuxe(s)Benito Sagredo
Profesiónactriz e actriz de cinema
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

A súa primeira actuación no mundo do cine foi da man de David Trueba en La buena vida, logo de ir a un casting tras a recomendación da súa irmá maior Rebeca, que tamén é actriz e cantante. No film de David Trueba compartía protagonismo con Fernando Ramallo e Luis Cuenca. Esta película significou o seu salto á fama, e entre outras cousas a súa participación en numerosos festivais internacionais, como a Quincena dos Realizadores de Cannes, onde a película tivo un notable éxito. Con este filme foi candidata aos Premios Goya á mellor actriz revelación.

A súa popularidade medrou en España por mor da serie Al salir de clase, como outras actrices da súa xeración como Elsa Pataky ou Pilar López de Ayala. Deixou o papel protagonista nesta serie para se dedicar enteiramente ao cine. Logo protagonizou outras películas como Silencio roto ou Tinta roja.

O 30 de agosto de 2008 casou co actor Benito Sagredo en Segovia e en 2010 tiveron o seu primeiro fillo, León.

ObraEditar

CinemaEditar

TelevisiónEditar