José Antonio Vázquez Taín
Jose Antonio Vázquez Taín, nado en Zarracós (A Merca) en 1968, é un xuíz galego, un dos máis populares, recibindo alcumes coma "o Garzón galego" ou "o Robin Hood de Vilagarcía".[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1968 (55/56 anos) Zarracós (España) |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xuíz, escritor |
Familia | |
Pai | Manuel Vázquez Outeiriño |
Traxectoria
editarFillo do mestre e político Manuel Vázquez Outeiriño. A infancia e mocidade pasounas na cidade de Ourense, no barrio das Lagoas. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Destinado en 1999 ao Xulgado de Instrución n.º 1 de Vilagarcía de Arousa, converteuse no perseguidor no narcotráfico.[2]
Entre os seus éxitos está a captura en 2003 do maior alixo de cocaína do século en Galicia, de arredor de sete toneladas, a bordo do South Sea.[3][4] Nos anos 2011 e 2012 levou o caso do roubo e posterior recuperación do Códice Calixtino.
En xaneiro de 2013 publicou a súa primeira novela A lenda do santo oculto[5], en xullo actuou como maxistrado de reforzo no caso do accidente ferroviario de Angrois[6] e en setembro fíxose cargo do caso Asunta Basterra.
Controversia
editarEn 2019, Vázquez Taín absolveu un garda civil de Betanzos de non prestar axuda a unha muller ameazada polo seu exmarido que horas despois matou o seu fillo de 14 meses facendo estalar unha bomba de gas no interior do seu coche en Paderne.[7]
Obra bibliográfica
editar- Santiago. La Leyenda Del Santo Oculto, 2013, Teófilo Comunicación.[8]
- Al infierno se llega deprisa, 2014, Espasa.
- Matar no es fácil, 2015, Espasa.
- El mar sin fondo, 2016, Espasa.
- Grandes juicios de la historia, 2018, Espasa.
- Pulso al estado, 2019, Espasa.
- Más allá y más arriba, 2020, Espasa.
Recoñecementos
editar- Premio Ourensanía 2012 da Deputación de Ourense.[9]
Notas
editar- ↑ El Grupo Correo Gallego eligió al juez Vázquez Taín como Gallego del mes... Arquivado 30 de xullo de 2013 en Wayback Machine. El Correo Gallego, 2/6/2006 (en castelán).
- ↑ "Un novato acosa a los narcos". El País (en castelán). 1 de marzo de 2004.
- ↑ "La policía encuentra 7,5 toneladas de cocaína...". El Mundo (en castelán). 13 de outubro de 2003.
- ↑ Siete operaciones en ocho meses... Arquivado 01/02/2014, en Wayback Machine. La Voz de Galicia, 7/12/2003 (en castelán).
- ↑ O "escritor" Vázquez Taín
- ↑ Descarrila un tren de pasajeros cerca de Santiago provocando al menos 78 muertos 20 minutos (en castelán).
- ↑ "Exculpan o garda civil que denegou auxilio a Margarita Dopico horas antes de que asasinaran o seu fillo". Sermos Galiza. 23 de abril de 2019.
- ↑ Teófilo Comunicación
- ↑ [1] Arquivado 31 de maio de 2020 en Wayback Machine. Premio Ourensanía 2012..., Deputación de Ourense, 09/11/12.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Anales de la Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía. Vol. X. (2007).
Ligazóns externas
editar- Lo importante era recuperar el Códice..., entrevista en TVE o 8/07/2012 (en castelán).