Rodrigo Vázquez

xornalista galego

Rodrigo Vázquez Rodríguez, nado en Ourense o 20 de novembro de 1987,[1] é un xornalista e presentador galego. Dende abril de 2022 presenta o concurso televisivo El cazador, en La 1 de TVE.

Modelo:BiografíaRodrigo Vázquez
Biografía
Nacemento(es) Rodrigo Vázquez Rodríguez Editar o valor en Wikidata
20 de novembro de 1987 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
EducaciónFacultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela - Licenciatura en xornalismo (2005–2009) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxornalista, presentador de televisión, locutor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2008 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorRTVE (2022–)
Corporación de Radio e Televisión de Galicia (2008–2022) Editar o valor en Wikidata
Participou en
31 de xaneiro de 2023Benidorm Fest 2023 Editar o valor en Wikidata
Premios

Twitter: _rodrigovazquez Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa carreira como xornalista en 2008.

Iniciou o seu camiño profesional nos informativos da Televisión de Galicia, traballando en numerosos eidos e, en especial, na sección de deportes. Ó tempo, colaboraba nos espazos O agro e Labranza, nos que se ofrecen reportaxes e novas sobre o mundo agrario de Galicia. Desenvolveu a actividade radiofónica nos micrófonos de Radio Galega durante dous anos.

En 2014, debutou como presentador no programa Aquí Galicia, un espazo que percorre as festas que se celebran na comunidade galega os fins de semana. O seu rostro fíxose rapidamente popular entre os espectadores pola súa gran naturalidade e tan só un ano despois, a cadea ofreceulle conducir Oh Happy Day,[2] a adaptación do programa musical homónimo de TV3.

Desde entón, tamén ligado á TVG, estivo á fronte de O país máis grande do mundo e Verbenalia.[3]

Entre 2016 e 2019 presentou de luns a venres o concurso de sobremesa Ti verás na canle autonómica galega.[4] Tamén se encargou de retransmitir as badaladas de fin de ano na TVG, dando a benvida ao 2018 dende a praza do Obradoiro en Santiago de Compostela.[5] Dende xaneiro de 2020 ata abril de 2022 presentou xunto a Roberto Vilar o programa de sobremesa Quen anda aí?.[6]

A seguir, Televisión Española anunciou a súa contratación para substituír a Ion Aramendi á fronte do concurso El cazador, que se emitía de luns a venres en La 1[7] e no que reivindica o seu acento galego.[8] A finais dese ano anunciouse que presentaría a edición de 2023 do Benidorm Fest, o festival da canción español que ademais é clasificatorio para Eurovisión.[9]

Traballos

editar

Televisión

editar

Galardóns e nomeamentos

editar
Ano Categoría Título Resultado
2015 Mellor comunicador de televisión Oh Happy Day Nomeado
2016 Mellor comunicador de televisión O país máis grande do mundo Nomeado
2017 Mellor comunicador de televisión Ti verás Nomeado
2018 Mellor comunicador de televisión Ti verás Gañador
2019 Mellor comunicador de televisión Ti verás Nomeado
2020 Mellor comunicador de televisión Quen anda aí? Gañador
2021 Mellor comunicador de televisión Quen anda aí? Nomeado