Os Tonechos
Os Tonechos foi un dúo humorístico formado polos actores galegos Roberto Vilar ("Tonecho") e Víctor Fábregas ("Tucho"), que logo se converteu nun cuarteto cando se sumaron ao dúo Mariana Carballal ("Maribel") e Dorotea Bárcena ("Amadora") (†)
Traxectoria
editarRoberto Vilar, Víctor Fábregas e o guionista e escritor Xavier Manteiga coincidiron no programa de televisión Con perdón, que realizaba bromas a cidadáns anónimos mediante o sistema de cámara oculta[1]. Este programa emitíase na TVG, e foi nesa cadea, pero con intervencións en Luar a partir de 2002, un programa de variedades onde realizaban pequenos sketches cómicos. Despois dunha longa traxectoria nesta emisión de variedades, dedicáronse a facer especiais para logo teren un programa de seu, O show dos Tonechos (cuxo episodio piloto se estreou o 18 de abril do 2005).
O seu humor baséase na retranca e no surrealismo. Algunhas das súas expresións máis coñecidas son: "Papa macho, pasa de todo tío", "Báilanme as perniñas" (Tucho) e "Eu nacín no Congho Belga", "Está posto con malicia", "Jamás, jamás, jamás" ou "no pequeño ghran show y no lo quieren y no lo quieren y no lo quieren y no hay manera y al carallo" (Tonecho). Tamén son constantes as referencias á cultura popular e á actualidade social.
Na ficción do show dos Tonechos, Tonecho e Tucho son pai e fillo, a nai chámase Maribel (interpretada por Mariana Carballal) e a avoa Amadora (por Dorotea Bárcena).
En xaneiro de 2009 anunciaron a súa separación temporal como dúo cómico[2].
O 23 de setembro do 2022 fixeron a súa última actuación con motivo do 30 aniversario do Luar da TVG.
Notas
editar- ↑ Divorcio a la gallega, El País, 10/1/2009
- ↑ Os Tonechos sepáranse Arquivado 11 de decembro de 2014 en Wayback Machine., A Nosa Terra, 8/1/2009
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Os Tonechos, vídeos e fotografías en AVG
- Páxina dos Tonechos na web da CRTVG, dende a que se poden visualizar os capítulos emitidos.