Xavier Manteiga
escritor e guionista galego
Xavier Manteiga Pousa, nado en Santiago de Compostela o 16 de febreiro de 1968, é un escritor e guionista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de febreiro de 1968 (56 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pai | Xosé Manteiga Pedrares |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarFillo do filósofo e galeguista Xosé Manteiga Pedrares. É licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Historia Contemporánea. Escritor prolífico, sen abandonar a creación literaria, nos últimos anos inclinouse polo mundo audiovisual, desenvolvendo diversos proxectos para a televisión e o cine, como a edición do equipo de guionistas do Show dos Tonechos e a serie de animación Mundo verde con Silvia Manteiga Pousa.
Obras
editarNarrativa
editar- Morrer na herba (1995).
- Sinfonía inacabada (1996, Positivas).
- Manancial (1997, Xerais), Premio Xerais.
- Ira (2002).
Obras colectivas
editar- Berra liberdade (1996, Galaxia).
Guións
editar- Domingo Fontán para Tele 5 e T.V.G. (Nomeado ao mellor documental no Festival de Cinema de Ourense, 1996).
- Si, quero (TVG).
- Erín
- Tres en Un.
- Pequeno hotel (TVG).
- Ilegal.
- Memorias dun pobo.
- Curmáns.
- Mundo verde (con Silvia Manteiga Pousa).
- Mona e Pera.
- Con Perdón.
- Terra de Miranda.
- O show dos Tonechos (TVG).
Premios
editar- Finalista do Premio Esquío de Poesía 1995 con As portas do inferno.
- Finalista do Premio Xerais de Novela 1996 con Sinfonía inacabada.
- Premio Xerais de Novela 1997 con Manancial.
- Finalista do Premio Blanco Amor de novela 1999 con Ira.
- Finalista do Premio García Barros de Novela 2005 con O soño de Caín.
- Premio do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA), do Ministerio de Cultura, polo guión cinematográfico Ma Clon.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina do autor en Galaxia Arquivado 05 de xuño de 2020 en Wayback Machine.