Roberto Vilar
Roberto Vilar Fernández, nado en Xove (Lugo) en 1971, é un actor, humorista e presentador galego.
Roberto Vilar | |
---|---|
![]() Roberto Vilar nos Premios Mestre Mateo 2017. | |
Nacemento | 1971 |
Lugar de nacemento | Xove |
Nacionalidade | España |
Ocupación | actor, presentador, presentador de televisión e actor de televisión |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Despois de estudar en Viveiro e no seminario de Mondoñedo[1], comezou a traballar na TVG no programa Con perdón[2], baseado en bromas feitas a cidadáns anónimos mediante unha cámara oculta e Pequeno hotel (2001), pero acadou fama polo seu papel nos Tonechos, un dúo cómico que mantiña co actor Víctor Fábregas. Este dúo empezou actuando no Luar da TVG o 19 de setembro de 2002[1] e que despois se consolidou cun programa de seu, O show dos Tonechos. A comezos de xaneiro de 2009 anunciaron a separación dos Tonechos[3].
Desde o 10 de outubro de 2009 e ata o 24 de novembro de 2011 presentou na TVG o espazo Land Róber, que se emitía os xoves á noite.
En 2011 asinou un contrato con Mediaset España para presentar na súa cadea de televisión Cuatro o concurso Salta a la vista, que compaxinou durante unhas semanas co seu traballo en Land Róber[4]. O 23 de novembro, a TVG anunciou a non renovación do contrato con CTV, produtora do programa, e o espazo de humor Land Róber cesou as súas emisións o 24 de novembro[5].
En outubro de 2013 presenta o programa da TVG Entre familias anda o xogo, que se emitía os sábados á noite.[6]
O 12 de abril de 2014 encargouse de conducir os XII Premios Mestre Mateo.
Na fin de ano do 2014 anunciou a volta de Land Róber, programa que comezou a presentar unhas semanas despois baixo o nome de Land Róber Tunai Show, acompañado de humoristas como Xosé Antonio Touriñán, Manuel Manquiña, Isabel Risco e Pili Pampín.
O 11 de abril de 2015 presentou os XIII Premios Mestre Mateo.
No 2018 presentou La noche de Rober en Antena 3, programa que foi cancelado tras seis emisións.[7]
Galardóns e nomeamentos Editar
Premios Mestre Mateo Editar
Ano | Categoría | Título | Resultado |
---|---|---|---|
2010 | Mellor comunicador | Land Rober | Gañador |
2010 | Mellor Programa | Land Rober | Gañador |
2011 | Mellor comunicador | Land Rober | Gañador |
2016 | Mellor comunicador | Land Rober Tunai Show | Gañador |
2016 | Mellor Programa | Land Rober Tunai Show | Gañador |
Premios Iris Editar
Ano | Categoría | Título | Resultado |
---|---|---|---|
2017 | Mellor Programa Autonómico de Entretenimiento | Land Rober Tunai Show | Gañador |
Premios Somriu Editar
Ano | Categoría | Título | Resultado |
---|---|---|---|
2018 | Mellor Programa Autonómico de Entretenimiento | Land Rober Tunai Show | Gañador |
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 Roberto Vilar Fernández, en Facebook.
- ↑ Divorcio a la gallega, El País, 10/01/2009.
- ↑ Os Tonechos sepáranse Arquivado 11 de decembro de 2014 en Wayback Machine., A Nosa Terra, 08/01/2009.
- ↑ Roberto Vilar continuará en la nueva temporada de Land Rober mientras comienza nuevos proyectos en Cuatro, 20 minutos, 13/09/2011.
- ↑ "Land Rober" ofrece a súa derradeira gravación con Manu Tenorio, os presentadores de "A Solaina" e o grupo Odaiko Arquivado 25 de novembro de 2011 en Wayback Machine., crtvg.es, 23/11/2011.
- ↑ Espectáculo, música e humor daranse a man en "Entre familias anda o xogo", o novo concurso da TVG Arquivado 02 de febreiro de 2014 en Wayback Machine., crtvg.es, 27/10/2014.
- ↑ "Antena 3 cierra 'La noche de Rober' tras sus discretos resultados" (en castelán). 22 de xuño de 2018. Consultado o 23 de outubro de 2019.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roberto Vilar |