Xosé Antonio Touriñán
Xosé Antonio Touriñán Rodríguez, nado o 16 de marzo de 1980, en Culleredo, é un actor, humorista e presentador de televisión galego.
Xosé Antonio Touriñán | |
---|---|
![]() Touriñán no espectáculo de Mucha e Nucha, nas festas do Carme de Marín. | |
Nome completo | Xosé Antonio Touriñán Rodríguez |
Nacemento | 16 de marzo de 1980 (41 anos) |
Lugar | Culleredo, ![]() |
Nacionalidade | España |
Profesión | Actor, cómico, presentador |
http://www.tourinhan.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Tras formarse no teatro escolar en Tarrío e no Instituto Crucero Baleares (Culleredo), a principios do 2000 crea con Marcos Pereiro o dúo cómico Os 2 de Sempre, unha proposta que acadou sona co espectáculo as Cantareiras de Ardebullo, no que Touriñán interpreta a Mucha. En 2012 dirixiu e presentou Tourilandia.
No ano 2007 abriu en Carral xunta Marcos Pereiro o local de espectáculos e concertos Sala The Star, que se mantivo activo até 2012.
No 2009 fundou, tamén con Marcos Pereiro como socio, a súa propia produtora, Airapro Producións, unha pequena empresa con sede en Carral e Betanzos, que traballa no sector audiovisual e da representación artística, xestionando grupos musicais e humoristas como Heredeiros da Crus, Pepo Suevos e as propias Cantareiras de Ardebullo. Licenciado en Filoloxía Galega e pai de dous fillos, Touriñán ten participado noutros programas, series e filmes, como Padre Casares, Botarse ao monte, Era visto!, Land Rober, Os fenómenos ou os premios Mestre Mateo, dos que foi o presentador dous anos consecutivos.
Como actorEditar
- Supermartes (2005), programa de televisión
- Marta (2006), curtametraxe de Juan de Oliveira Rubinos.
- Días azules (2006), longametraxe de Miguel Santesmanes, interpretando a Pincha La Palma.
- En pé de festa (2006), programa de televisión, interpretando a Mucha e outras personaxes
- Efectos secundarios (2007), serie de televisión, interpretando a Emilio.
- Luar (2008–2011, 2013), programa de televisión, interpretando a Mucha e outras personaxes
- Air Galicia (2009), programa de televisión, interpretando a varias personaxes.
- Padre Casares (2008– ), serie de televisión, interpretando a Rodolfo.
- Land Rober (2009–2011), programa de televisión, interpretando a Ricardo e outras personaxes
- Era visto! (2011–2014), serie de televisión, interpretando ao taberneiro Puskas
- Un soño de Nadal (2011), programa especial televisión, interpretando a Mucha e outras personaxes
- A Casa da Conexa (2012–2014), programa de televisión, interpretando a Mucha e outras personaxes
- Un conto de Nadal por Mucha e Nucha (2013), programa especial televisión, interpretando a Mucha e outras personaxes
- Os fenómenos (2014), longametraxe de Alfonso Zarauza.
- Land Róber Tunai Show (2015– ) programa de televisión cómico, copresentador e actor interpretando varios personaxes
- Buscando Ardebullo (2016)
- Vidago Palace (2017), serie de televisión, interpretando ao Padre Raimundo
- Fariña (2018), serie de televisión de Antena 3, interpretando a Paquito Charlín.
- Justo antes de Cristo (2018), serie de television de Movistar+, interpretando o escravo Agorastocles.
- Somos criminais (2018), con Carlos Blanco.
- Unha noite na praia (2019), peza de teatro escrita e dirixida por Javier Veiga.
Como presentadorEditar
- Perdelo todo (2006), programa de televisión
- Botarse ao monte (2009), programa de televisión
- Gala dos Premios Mestre Mateo 2009, programa especial de televisión. Presentador e guionista
- Gala dos Premios Mestre Mateo 2010, programa especial de televisión. Presentador e guionista
- Tourilandia (codirector xunto con Xosé Arias, 2012-2013).[1]
Galardóns e nomeamentosEditar
Premios Mestre MateoEditar
Ano | Categoría | Título | Resultado |
---|---|---|---|
2009 | Mellor comunicador | Botarse ao monte | Nomeado |
2011 | Mellor comunicador | Un soño de Nadal | Nomeado |
2012 | Mellor comunicador | Tourilandia | Nomeado |
2013 | Mellor comunicador | A casa da conexa | Nomeado |
2014 | Mellor actor secundario | Os fenómenos | Nomeado |
Mellor comunicador | A casa da conexa | Nomeado |
NotasEditar
- ↑ Tourilandia na páxina da Televisión de Galicia.