Manuel Charlín
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2022.) |
Manuel Charlín Gama, nado en Vilanova de Arousa o 17 de novembro de 1932 e finado na mesma vila o 31 de decembro de 2021, foi un empresario e contrabandista galego. Foi o patriarca da saga familiar chamada clan dos Charlíns.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de novembro de 1932 Vilanova de Arousa, España |
Morte | 31 de decembro de 2021 (89 anos) Vilanova de Arousa, España |
Causa da morte | caída |
Actividade | |
Ocupación | empresario, contrabandista, narcotraficante |
Traxectoria
editarEn xullo de 1989 foi detido pola Garda Civil. Trala operación Nécora foi de novo detido, saíndo finalmente absolto. En 1999 foi condenado a 20 anos de prisión por transportar 600 quilos de cocaína desde Colombia en 1989. En 2003 foi condenado pola Audiencia Nacional Española por branqueo de capital e delitos contra a facenda pública.
Estivo en prisión entre 1990 e o 17 de xullo de 2010, cando foi posto en liberdade. Cumpriu as súas penas no centro penitenciario da Lama e no cárcere de Córdoba.
Estivo casado e foi pai de seis fillos. Faleceu o 31 de decembro de 2021, con 89 anos, por mor dunha caída no seu domicilio de Vilanova de Arousa.[1]
Clan
editar- Artigo principal: Os Charlíns.
En 1996 foron detidos todos os membros do clan e embargados os seus bens por un valor de 30 millóns de euros. A conserveira Charpo (de Vilanova) e a cocedeira Sochar (na Illa de Arousa).
En xullo de 2010, pouco antes da posta en liberdade de Manuel Charlín, varios membros do clan foron detidos na operación policial Repesca.
Manuel Baúlo Trigo, patriarca do clan dos Caneos, foi asasinado a tiros en 1994 por uns sicarios colombianos por delatar ao clan dos Charlíns. O seu fillo, Daniel Baúlo Carballo, foi detido en maio de 2005 na operación Tul.
Manuel Charlín
editarManuel Charlín Gama casou con Josefa Pomares Martínez (†2012) e tiveron seis fillos:
- Adelaida Charlín Pomares.
- Josefa Charlín Pomares. Que tivo por filla a Noemí Outón Charlín.
- Teresa Charlín Pomares. Que tivo por filla a Natalia Somoza Charlín.
- Manuel Charlín Pomares.
- Melchor Charlín Pomares.
- Óscar Charlín Pomares.
- Rosa Charlín
Finado en maio de 2005 por unha trombose con 61 anos.
Notas
editar- ↑ "Falece na súa casa aos 89 anos Manuel Charlín, patriarca do clan arousán". Pontevedra Viva. Consultado o 2021-12-31.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Carretero Pou, N. (2018). Fariña. Vigo: Xerais.
- Leiro Conde, B. (1993). Un lugar tranquilo. Nigra.