Marcos Pereiro
Marcos Pereiro, nado en Alemaña en 1981, é un actor e humorista galego. Actualmente o humorista reside no concello de Carral.
Marcos Pereiro | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1981 |
Lugar de nacemento | Alemaña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | actor |
Na rede | |
http://www.marcospereiro.com | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Traxectoria editar
Regresa de Alemaña a Galicia con 8 anos. Interpretou unha personaxe en Terra de Miranda, na TVG, e colaborou no programa Air Galicia interpretando numerosos personaxes.
Xunto co tamén humorista Xosé Antonio Touriñán integra o dúo cómico Os dous de sempre, e interpreta a Nucha no dúo Mucha e Nucha, as irónicas pandeireteiras de Ardebullo, que acadaron grande sona no programa Luar.
Dende 2011 dá vida aos personaxes de Kevin José e Ramona Comanecci en Era visto! e no 2012 interpretou o personaxe de Alán no filme de Ignacio Vilar Vilamor.
Dende febreiro de 2016 presenta, xunto con Xosé A. Touriñán e o seu pai, Manolo Pereiro, o programa Buscando Ardebullo.[1]
Filmografía editar
- Supermartes (2005), programa de televisión
- En pé de festa (2006), programa de televisión, interpretando a Nucha e outras personaxes
- Luar (2008–2011, 2022), programa de televisión, interpretando a Mucha e outras personaxes
- Air Galicia (2009), programa de televisión, interpretando a varias personaxes entre ellas a máis destacado é Costoya.
- Era visto! (2011–2014), serie de televisión, interpretou a Kevin Jose
- Un soño de Nadal (2011), programa especial televisión, interpretando a Nucha e outras personaxes
- A Casa da Conexa (2012–2014), programa de televisión, interpretando a Nucha e outras personaxes
- Un conto de Nadal por Mucha e Nucha (2013), programa especial televisión, interpretando a Nucha e outras personaxes
- Buscando Ardebullo (2016)
- Viradeira (2016), Interpretando o papel do alcalde da vila
- HIT (2021), Marcelo profesor de hostalaría nun instituto de Puertollano
Galardóns e nomeamentos editar
Premios Mestre Mateo editar
Ano | Categoría | Título | Resultado |
---|---|---|---|
2011 | Mellor comunicador | Un soño de Nadal | Nomeado |