Supermartes
Supermartes foi un programa concurso emitido na Televisión de Galicia entre 1992 e 2005. Desde 1996 o programa emitiuse en directo. En total graváronse 635 edicións.
Supermartes | |
---|---|
Duración | 180 minutos |
Presentado por | Xosé Manuel Piñeiro |
Cadea | TVG |
Na rede
| |
![]() ![]() |
Descrición
editarBaseado no formato do popular show televisivo Sábado gigante da televisión chilena,[1] o programa tiña diferentes probas ("O mentireiro verdadeiro", "Asalto á fama"…) das que se escollía un finalista que participaba na proba final ("Superprendas"). O gañador pasaba logo a un panel do que saían os premios. Na realización das probas participaban personaxes galegos coñecidos.
O programa era presentado por Xosé Manuel Piñeiro, coa voz en off de Gonzalo Faílde. O personaxe de Atilano, con aspecto de esqueleto, é interpretado por Xosé Casal Sueiro «Lito» (1992-1993), e logo por Ángel Gradín (1993-2005), trataba de que os concursantes errasen.
Outras versións
editarEn 2002 estreouse unha versión en Canal Sur, a televisión autonómica andaluza.[2]
Notas
editar- ↑ Jurado, Francisco J. (22 de xaneiro de 2025). "'Supermartes', el mítico programa de Xosé Manuel Piñeiro que triunfó en Galicia durante 13 años". El Español (en castelán). Consultado o 23 de xaneiro de 2025.
- ↑ Mirás, Nacho (7 de outubro de 2002). "Canal Sur emite desde hoy la versión andaluza de «Supermartes»". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago de Compostela). Consultado o 23 de xaneiro de 2025.