Vilamor (filme)

filme de 2012 dirixido por Ignacio Vilar

Vilamor é un filme galego dirixido por Ignacio Vilar que se estreou no 2012 e rodado nos Ancares, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz. A estrea do filme fíxose na cidade de Lugo o 30 de marzo de 2012. É o cuarto filme en galego máis visto da historia, con 42.459 espectadores nos cinemas logo da súa estrea.[1][2]

Vilamor
Ignacio Vilar. Rubén Riós. Xoel Yáñez. Sabela Arán.
Ficha técnica
Título orixinalVilamor
DirectorIgnacio Vilar
ProdutorDaniel Froiz
GuiónCarlos Asorey
Ignacio Vilar
IntérpretesRubén Riós
Sabela Arán
MúsicaZeltia Montes
FotografíaAlberto Díaz
MontaxeGuillermo Represa
EstudioVía Láctea Filmes
Estrea2012
Duración112 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroDrama, Romántico
Recadación145.595,90 €[1]
Na rede
IMDB: tt2246833 Filmaffinity: 215960 Editar o valor en Wikidata

Sinopse

editar

No ano 1976, despois de ter rematado o franquismo, Breixo vive coa súa familia nunha idílica e illada aldea, e prepárase para converterse algún día no cura da vila de Seoane. Un día atópase cos membros dunha comuna hippie que se asentou nos arredores da súa aldea, e axiña se deixa seducir polo seu estilo de vida. Decide entón colaborar con eles para recuperar as casas abandonadas de Vilamor, e crear un novo xeito de vida baseado no traballo da terra, o contacto coa natureza e a ausencia de propiedade privada. Pero todo se complica cando Breixo se namora tolamente de Sonia, unha das rapazas da comuna. El non acepta o amor libre, nin as drogas, nin o ateísmo. Con moita mágoa, abandona a súa aldea. Trinta e tres anos despois, convertido nun escritor de sona e cos ideais agochados nalgún recuncho da memoria, Breixo regresa ó lugar onde viviu os mellores anos da súa vida.

Personaxes

editar
  • Rubén Riós como Breixo, un seminarista que volve á súa vila, Seoane, para pasar as vacacións, no verán en que os comuneiros se instalan na aldea próxima de Vilamor. A experiencia de coñecelos fará que todo cambie para el.
  • Sabela Arán como Sonia, unha das comuneiras que se instala na aldea de Vilamor. É unha das máis preparadas politicamente, a que loita máis para consolidar a comuna. Partidaria do amor libre, pero non da propiedade privada.
  • Xoel Yáñez como Hermes, un rapaz de boa familia, rebelde e con interese nas herbas medicinais.
  • Tamara Canosa como Helena, outra das habitantes da comuna. Tamén cre no amor libre, e aplica os seus principios de eludir os compromisos ata as últimas consecuencias. Queda embarazada na comuna e non sabe de quen é o fillo nin lle importa. O único que ten claro é que nacerá en Vilamor, nas augas do río.
  • Paulo Serantes como Froilán é o líder da comuna, todos lle obedecen. Aínda que haxa conflitos con el, os demais acaban facendo o que el di, por máis asembleario que sexa o seu sistema. A fin de contas, Froilán é o máis pragmático de todos.
  • Sheyla Fariña como Elsa. Traballadora e moi preocupada polos seus, a personaxe de Elsa collerá relevancia dentro das relacións que se establecen entre os comuneiros dende a súa chegada ás terras dos Ancares.
  • Deborah Vukusic como Comba. Ela e máis Bento son os máis combativos, os iniciadores do movemento que agora ocupa edificios baleiros e casas abandonadas.
  • Marcos Pereiro como Alán. Alán é tímido e ten problemas co amor libre que practican moitas rapazas na comuna.
  • Uxía González como Cora. É unha das máis combativas da comuna e ten as ideas claras.
  • Carlos Villaverde como Uxío. É o enxeñeiro, o artífice de todos os avances técnicos da comuna, dende o mazo para traballar o ferro ás colmeas para producir mel.
  • Marta Lado como Adelaida. É das poucas que ten clara a súa maternidade, algo que non é moi ben valorado por moitos da comuna.
  • Rubén Prieto Tomé como Brais. É un pai responsábel que coida da súa filla.
  • Santi Romay como Bento. El e máis Comba son os máis conflitivos, os iniciadores do movemento que agora ocupa edificios baleiros e casas abandonadas.
  • María Roja como Catuxa. É outra das comuneiras que se instalan na aldea de Vilamor. Ao seu convencemento ideolóxico súmaselle un carácter alegre e un tanto despreocupado. O seu ánimo conciliador lévaa a fuxir de todo conflito: manténdose nun segundo plano, aposta polo sorriso.
  • Luís Iglesia Besteiro como Breixo (maior).
  • Belén Constenla como Sonia (maior).
  • Manuel Lourenzo como Don Aurelio. É o párroco de Seoane, un cura á vella usanza que ten moitas esperanzas depositadas en Breixo, pero que non soporta a presenza dos comuneiros en Vilamor.
  • Mela Casal como Anuncia. Muller misteriosa, é a menciñeira da zona. Coñece todos os segredos das plantas, algo que lle interesará moito a Hermes.
  • Mayka Braña como Amalia, é a nai de Breixo, e quere para os seus unha vida mellor e montar unha tenda en Santiago.
  • César Cambeiro como Baltasar. É o pai de Breixo, dono do ultramarinos de Seoane, e moi pegado á súa vila.
  • Sheila Carbia como Navia, a irmá máis nova de Breixo, e cómplice súa á hora de axudar os habitantes da comuna.
  • Jorge Taboada como Martiño, fillo de Elsa.
  • Noa Rodríguez como Noa, filla de Adelaida.

Galería de eventos promocionais e actores do filme

editar

Galardóns e nomeamentos

editar
  • 2012: Festival de Cine Internacional para a paz, a inspiración e a igualdade (Xacarta, Indonesia). Galardón á excelencia.
  • 2012: Festival Internacional de Cine de Nova York. Mellor fotografía e mellor banda sonora.
Ano Categoría Receptor Resultado
11ª edición Mellor filme Ignacio Vilar Nomeado
Mellor actriz Sabela Arán Gañadora
Mellor dirección artística Guillermo Represa Nomeado
Mellor montaxe Juan Carlos Arroyo Nomeado
Mellor música orixinal Zeltia Montes Nomeada
Mellor fotografía Alberto Díaz “Bertitxi” Gañador
Mellor deseño de vestiario María Fandiño e Mar Fraga Nomeadas
  1. 1,0 1,1 Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de Vilamor". Consultado o 2 de novembro de 2019. 
  2. Mato, Mar (31 de outubro de 2019). ""O que arde" disputa a "Sempre Xonxa" a medalla de ouro do filme en galego máis visto da historia". Faro de Vigo. Consultado o 2 de novembro de 2019. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

|