Zeltia Montes
Zeltia Montes Muñoz, nada o 22 de marzo de 1979 en Madrid, é unha compositora musical galega especializada en bandas sonoras de filmes.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de marzo de 1979 (45 anos) Saviñao, España |
Educación | Real Conservatorio Superior de Música de Madrid Berklee College of Music |
Actividade | |
Ocupación | compositora |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarDe pai galego e nai madrileña, ingresou no conservatorio de Madrid e con 9 anos comezou a compoñer. En 2002 recibiu o título de profesora de piano e de solfexo, para posteriormente especializarse en música moderna. En 2005 trasladouse ao Berklee College of Music de Boston, onde estudou con John Bavicchi, Tom McGah ou Dennis Leclaire. En 2007 graduouse "cum laude" e especializouse en bandas sonoras, sendo escollida compositora da súa orquestra sinfónica contemporánea. En 2008 trasladouse aos Ánxeles e vive entre España e os Estados Unidos de América.[3]
En 2008 compuxo a súa primeira banda sonora para o filme galego Pradolongo de Ignacio Vilar, pola que gañou o Premio Jerry Goldsmith e a Medalla de Ouro á Excelencia no Park City Film Music Festival.[4] En 2010 compuxo a banda sonora de A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol, pola que gañou de novo o premio Jerry Goldsmith e a Medalla de Ouro á Excelencia no Park City Film Music Festival.[5] En 2015 gañou o premio á mellor música orixinal para o filme A esmorga na 13ª edición dos Premios Mestre Mateo.[6] En 2017 foi candidata ao Premio Goya á mellor canción orixinal polo documental Frágil equilibrio[7] e en 2019 por Adiós foi candidata ao Premio Feroz á mellor música orixinal[8] e á Medalla do CEC á mellor música.[9]
Gañou o Goya 2022 a mellor música orixinal composta para a película El buen patrón, sendo a primeira muller en conseguir este premio.[10][11]
Filmografía
editar- Pradolongo (2008)
- El camino del Cid (serie documental, 2008)
- A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol (2010)
- Vilamor (2012)
- Rastros de sándalo (2014)
- A tropa de trapo na selva do arco da vella (2014)
- El médico atento (2015)
- A esmorga (2015)
- Frágil equilibrio (2016)
- Desenterrando Sad Hill (2017)
- Atlánticas (serie de televisión, 2018)
- Adiós (2019)
- El silencio del pantano (2019)
- Desenterrando Sad Hill (2019)
- Uno para todos (2020)
- El buen patrón (2021)
Notas
editar- ↑ Zeltia Montes en mundobso.com
- ↑ "La lucense Zeltia Montes, premiada por la música de 'Pradolongo'". El Progreso de Lugo. 18 de xullo de 2008. Consultado o 29 de decembro de 2021.
- ↑ Zeltia Montes a mujeresinstrumentistas.blogspot
- ↑ La lucense Zeltia Montes, premiada por la música de 'Pradolongo', El Progreso, 18 de xullo de 2008
- ↑ Zeltia Montes premiada en el Garden State Film Festival asturscore, 9 de febreiro de 2012
- ↑ ‘A Esmorga’ triunfa na XIII Edición dos Premios Mestre Mateo, Galicia Press, 12 de abril de 2015
- ↑ Frágil equilibrio na web dos Goya
- ↑ "Telemadrid emitirá en directo la gala de los Premios Feroz 2020, que se celebra el 16 de enero". 23 de decembro de 2019. Consultado o 9 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Ganadores de las medallas CEC 2020". Círculo de Escritores Cinematográficos. Consultado o 28 de xaneiro de 2020.
- ↑ Fariñas, Tamara (2022-02-12). "'El buen patrón', mejor música original de los Premios Goya: banda sonora con nombre de mujer". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 2022-02-12.
- ↑ Pontevedra, Diario de (2022-02-12). "Galicia suma tres Goyas: Zeltia Montes, Chechu Salgado y Xosé Zapata". Diario de Pontevedra. Consultado o 2022-02-12.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Zeltia Montes na IMDb (en inglés).