A esmorga (filme de 2014)

filme de 2014 dirixido por Ignacio Vilar

A esmorga é un filme galego dirixido por Ignacio Vilar, adaptación da obra homónima de Eduardo Blanco Amor. Está protagonizada por Miguel de Lira que interpreta a Cibrán, Karra Elejalde como Bocas, e Antonio Durán "Morris" como Milhomes. A historia está ambientada na cidade de Ourense, lugar onde se rodou e onde trascorre a noite de troula dos tres personaxes principais.

A esmorga
Logo do filme.
Ficha técnica
DirectorIgnacio Vilar
ProdutorMarina Fariñas
Ignacio Vilar
GuiónCarlos Asorey
Ignacio Vilar
Baseado enA esmorga de Eduardo Blanco Amor
IntérpretesMiguel de Lira
Karra Elejalde
Antonio Durán "Morris"
MúsicaZeltia Montes
FotografíaDiego Romero
MontaxeJosé M. G. Moyano
EstudioVía Láctea Filmes
Estrea21 de novembro de 2014[1]
Duración111 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroDrama
Orzamento1,5 - 2 000 000 €[2][3]
Recadación277.652,06 €[4]
Na rede
http://aesmorgafilme.com/
IMDB: tt3530456 Filmaffinity: 579014 Allocine: 226627 Rottentomatoes: m/a_esmorga Editar o valor en Wikidata

O 15 de novembro de 2014, A esmorga proxectouse na inauguración da XIX edición do Festival de Cine de Ourense[5] e estreouse nos cines de toda Galicia o 21 de novembro do mesmo ano.[6][7] Grazas ó éxito colleitado nos cines galegos, o filme estreouse en España (en galego con subtítulos e dobrada ó castelán) o 8 de maio de 2015.[8] É o terceiro filme en galego máis visto da historia, con 47.866 espectadores nos cinemas logo da súa estrea,[4][9] e o segundo en recadación.[4]

Argumento

editar

Cibrán (Miguel de Lira) é un obreiro que se xunta coa Raxada (Melania Cruz), unha ex-prostituta e nai solteira. Unha mañá, de camiño ó traballo, é abordado por dous amigos bébedos, Bocas (Karra Elejalde) e o atormentado Milhomes (Antonio Durán "Morris"). Cibrán xúntase a eles no seu deambular incerto pola zona, deixando tras de si un regueiro de destrución.

Fan un alto na taberna da tía Esquilacha (Covadonga Berdiñas), acceden á vivenda dun cacique local chegado hai pouco de Francia, onde Bocas se namora da misteriosa dona da fiestra; chegan a un pazo ao que Cibrán, xa bébedo, lle prende lume sen querelo; bótanos dun prostíbulo; galantean cunha muller pueril e tola, Socorrito (Sabela Arán), quen cada mañá saca pasear un boneco nun carriño. Namentres, Bocas é sospeitoso de ter matado a un home durante unha liorta nunha taberna, e ademais a homosexualidade reprimida de Milhomes non deixa de amolar ao Bocas dun xeito que ningún dos dous homes son quen de comprender. Bocas e Milhomes emprenderon unha especie de misión suicida ao abeiro da bebedela á cal o malpocado Cibrán se sumou sen sabelo. O alcol é para Cibrán o refuxio do que el mesmo denomina “o pensamento”, unha terrible lucidez que lle fai ser consciente da súa sórdida existencia.

Personaxes

editar
 
Miguel de Lira, Ignacio Vilar, Morris e Karra Elejalde na promoción do filme.

Recepción

editar
 
Ignacio Vilar e Antonio Durán "Morris" na proxección de A esmorga na Guarda no 2015.
Espectadores das principais
cidades (2014)
Posición Cidade Espectadores
Vigo 8 602
Santiago de Compostela 6 606
A Coruña 6 250
Ourense 5 468
Lugo 3 176
Ferrol/ Narón 2 227
Pontevedra 1 607
Fonte: Rentrak Spain

En Galicia tivo unha estrea limitada en só 26 salas, con 18 copias distribuídas,[10] e a súa acollida entre o público foi maior da agardada, polo que está considerado un dos filmes revelación do 2014.[11] Dende a súa estrea o 21 de novembro ata finais do ano 2014, o filme foi visto por máis de 37 500 espectadores galegos. En vista do seu bo resultado de recadación, xa que foi a mellor estrea de todo o ano en España entre os filmes con menos de 100 copias, e coa quinta mellor media (3 408 euros) do ano en España, só por detrás de Ocho apellidos vascos, La isla mínima, Torrente 5 e El Niño,[12] estreouse en cines de España na primavera de 2015.[13][14] O número total de espectadores en todo o estado foi de 47.866 persoas, cunha recadación de 277.652,06 €[4]

Grazas ó éxito colleitado na estrea nos cines, sairá á venda en DVD o 20 de novembro de 2015.[15]

Galardóns e nomeamentos

editar

Ignacio Vilar e Carlos Asorey foron nomeados na categoría de mellor guión adaptado na XXIX edición dos Premios Goya.[16]

Ano Categoría Receptor Resultado
2015 Mellor guión adaptado Carlos Asorey
Ignacio Vilar
Nomeado
Habería, quedou dito, outras "esmorgas" posibles nas nosas meimiñas; porén, esta que vén de filmar Ignacio Vilar demostra a verdade dun cinema ben feito, dun cinema traballado con esmero; un cinema, entón, que dá gusto contemplarmos e gozarmos.

Xosé Ramón Pena [17]

Nos Premios Mestre Mateo de 2014, A esmorga obtivo 16 nomeamentos en 13 categorías, conseguindo 6 premios, entre eles mellor actor para Antonio Durán "Morris" no papel de Milhomes, mellor fotografía e música orixinal.

Ano Categoría Receptor Resultado
13ª edición Mellor filme Ignacio Vilar Nomeado
Mellor director Ignacio Vilar Nomeado
Mellor actor Antonio Durán "Morris" Gañador
Miguel de Lira Nomeado
Karra Elejalde Nomeado
Mellor actriz secundaria Mela Casal Nomeada
Sabela Arán Nomeada
Mellor guión Ignacio Vilar e Carlos Asorey Nomeados
Mellor dirección de produción Eva Rivas Nomeada
Mellor dirección artística Ángel Amaro Gañador
Mellor montaxe José Manuel G. Moyano Nomeado
Mellor música orixinal Zeltia Montes Gañadora
Mellor son Xavier Souto Nomeado
Mellor fotografía Diego Romero Suárez Llanos Gañador
Mellor maquillaxe e peiteado Susana Veira Gañadora
Mellor deseño de vestiario Mar Fraga Gañadora

Festival de Tolosa

editar

Na 20º edición do "Festival du Film Espagnol de Toulouse" celebrado en outubro de 2015, o filme gañou os premios de mellor director para Vilar, o premio ao mellor actor ex aquo para “Morrís”, Karra Elejalde e Miguel de Lira, e o premio á mellor fotografía.[18]

Galería de imaxes

editar
 
Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán "Morris", os tres protagonistas do filme.
  1. CRTVG (ed.). "A Esmorga estréase o día 21 de novembro en toda Galicia". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2014. Consultado o 27 de outubro de 2014. 
  2. Rei Romeu, Manuel. Terra e Tempo, ed. "A Esmorga: o filme que agardamos". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2015. Consultado o 29 de maio de 2015. 
  3. mamosteiro.wordpress.com (ed.). "O director Ignacio Vilar levará ao cine unha adaptación de «A esmorga», do escritor Eduardo Branco Amor". Consultado o 29 de maio de 2015. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de A esmorga". Consultado o 2 de novembro de 2019. 
  5. "“A Esmorga” activa a web á espera da estrea da película". Sermos Galiza. 13 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2014. Consultado o 27 de outubro de 2014. 
  6. «A Esmorga», del papel a los cines de toda Galicia Diario ABC, 21/11/2014.
  7. «A esmorga», a corredoira movie. Diario La Voz de Galicia, 21/11/2014.
  8. Ramón, Esteban (7 de maio de 2015). "'A esmorga', la parranda trágica que busca romper fronteras culturales". RTVE.es. Consultado o 29 de maio de 2015. 
  9. Mato, Mar (31 de outubro de 2019). ""O que arde" disputa a "Sempre Xonxa" a medalla de ouro do filme en galego máis visto da historia". Faro de Vigo. Consultado o 2 de novembro de 2019. 
  10. El blog del cine español (ed.). "“A Esmorga” sigue triunfando en la taquilla en los cines gallegos". Consultado o 1 de xaneiro de 2015. 
  11. El blog del cine español (ed.). "“A esmorga” supera los 200 000€ de recaudación en cines". Consultado o 1 de xaneiro de 2015. 
  12. El blog del cine español (ed.). "Ranking de recadación". Consultado o 1 de xaneiro de 2015. 
  13. El blog del cine español (ed.). "La película “A esmorga”, después de su éxito en los cines gallegos, se estrenará en el resto del país en la primavera de 2015". Consultado o 1 de xaneiro de 2015. 
  14. V, H (31 de decembro de 2014). "A Esmorga, un dos grandes “sleepers” da temporada". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2016. Consultado o 1 de xaneiro de 2015. 
  15. ""A Esmorga" sale en DVD este viernes". Faro de Vigo. 17 de novembro de 2015. Consultado o 17 de novembro de 2015. 
  16. Redacción (7 de xaneiro de 2015). "“A Esmorga” optará a mellor guión adaptado nos Premios Goya". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2015. Consultado o 9 de xaneiro de 2015. 
  17. "A esmorga v.o.", Faro de Vigo, 28/11/2014, p. 28.
  18. Obelleiro, María (12 de outubro de 2015). ""Os premios de Toulouse recoñecen a nosa cultura e o noso idioma, o que somos nós"". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2015. Consultado o 12 de outubro de 2015. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar