A tropa de trapo na selva do arco da vella
A tropa de trapo na selva do arco da vella (en castelán: La tropa de trapo en la selva del arcoíris) é un filme español de animación en 3D de 2014 dirixido por Àlex Colls. Baséase na serie de animación A tropa de trapo que se emitiu en galego na TVG, e é o segundo filme baseado nestes personaxes, logo de A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol (2010).[1] Destinada a nenos entre dous e seis anos, o director declarou que quixo facer un filme que fose "a primeira experiencia que un neno pode ter no cinema".[2] Estreouse en galego.[3]
A tropa de trapo na selva do arco da vella | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | La tropa de trapo en la selva del arcoíris |
Director | Àlex Colls |
Guión | Lola Beccaria |
Baseado en | A tropa de trapo |
Música | Zeltia Montes |
Estudio | Abano Producións Raiz Produções Cinematográficas |
Estrea | 30 de abril de 2014 |
Duración | 74 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Animación |
Filme anterior | A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol |
Na rede | |
Sinopse
editarAo igual que na serie, o filme está protagonizado por Mumu, Rita, Milo, Talalo, Olga e Alfred, un grupo de bonecos de trapo. Nesta historia, todos os personaxes senten a necesidade de axudar os animais que teñen moitas dificultades para sobrevivir. Por iso, organizan unha expedición solidaria que os levará até a selva do arco da vella. Alí terán que empregar o seu enxeño, coñecementos e esfozo para salvar o arco da vella, que simboliza os soños e os xogos.
Galardóns e omeamentos
editarEstivo nomeado na 13ª edición dos Premios Mestre Mateo na categoría de mellor filme de animación, mais o premio levouno o filme Maimiño. Foi nomeado tamñen ao Premio Gaudí ao mellor filme de animación, mais o premio levouno Mortadelo y Filemón contra Jimmy el Cachondo.[4] Tamén foi nomeado ao Goya ao mellor filme de animación[5] e ao mellor filme de animación nas Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos de 2014.[6]
Notas
editar- ↑ Àlex Colls estrena la pel·lícula d'animació infantil 'El cap de drap a la Selva de l'Arc de Sant Martí', ccma.cat, 29 de abril de 2014
- ↑ Àlex Colls: "Volíem que el film dels cap de drap fos la primera experiència que un nen pot tenir al cine sense monstres ni pors", ccma.cat, 30 de abril de 2014
- ↑ culturagalega.gal (ed.). "A tropa de trapo na selva do arco da vella na web da CulturaGalega". Consultado o 5 de xullo de 2023.
- ↑ "Mortadelo y Filemón contra Jimmy el Cachondo", Gaudí al filme de animación, teinteresa.es
- ↑ La tropa de trapo en la selva del arcoíris, al web dels premis Goya
- ↑ "Premios del CEC a la producción española de 2014". Círculo de Escritores Cinematográficos. Madrid. Arquivado dende o orixinal o 2020-01-23. Consultado o 6 de setembro de 2019.