Rubén Riós
actor galego
Rubén Rodríguez Rodríguez, coñecido como Rubén Riós, nado en Riós en 1980, é un actor galego.
Rubén Riós | |
---|---|
![]() Rubén Riós durante a promoción de Pradolongo na Estrada | |
Nome completo | Rubén Rodríguez Rodríguez |
Nacemento | 1980 |
Lugar | Riós |
Nacionalidade | España |
Profesión | Actor, guionista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Iniciado no mundo da televisión, con diversas colaboracións e intervencións puntuais en programas da Televisión de Galicia, deuse a coñecer amplamente co programa de humor O rei da comedia, mais sobre todo coa teleserie de ficción Libro de familia (2005). En paralelo, foi completando a súa formación teatral co actor e director Vicente Montoto. Traballou na serie da TVG Matalobos, interpretando o papel de Salva.
Deu o salto ao cine facendo un dos papeis protagonistas de Pradolongo (2007), o filme de Ignacio Vilar, e posteriormente dirixiu a curta Adeus Edrada? (2007).
FilmografíaEditar
Galería de imaxesEditar
Rubén Riós, Ignacio Vilar, e Roberto Porto (Pradolongo)
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rubén Riós |
Ligazóns externasEditar
- Rubén Riós no Facebook
- Rubén Riós no Twitter
- Rubén Riós na IMDb (en inglés).