Botarse ao monte
programa de televisión da TVG
Botarse ao monte foi un programa de televisión da TVG, que se emitiu desde o 27 de xullo até o 26 de outubro de 2009. Trátase dun programa de sendeirismo, presentado por Xosé Antonio Touriñán, no que percorre distintas localizacións de Galicia, e no que se dan consellos sobre excursionismo. Emitíronse un total de 13 episodios, producidos por Bren Entertainment para a Televisión de Galicia.
Botarse ao monte | |
---|---|
Tipo | programa de televisión ![]() |
Lingua orixinal | lingua galega ![]() |
Autoría | |
Presentador/a | Xosé Antonio Touriñán e Carlos Jiménez Díaz ![]() |
Publicación | |
País orixe | España ![]() |
Compañía produtora | Bren Entertainment ![]() |
Emisora orixinal | Televisión de Galicia ![]() |
Datas | |
Comezo | 27 de xullo de 2009 ![]() |
Remate | 26 de outubro de 2009 ![]() |
Dimensións | |
Duración | 30 minutos ![]() |
Episodios | 13 ![]() |
Tempadas | 1 ![]() |
Ligazóns | |
Redes | ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
Episodios
editar- "Ruta de Oleiros" (27 de xullo de 2009)
- "Ruta de Trevinca" (3 de agosto de 2009)
- "Ruta de Guitiriz" (17 de agosto de 2009)
- "Ruta polo Barbanza" (24 de agosto de 2009)
- "Ruta polos canóns do Sil" (31 de agosto de 2009)
- "Ruta dos territorios celtas en Narón" (7 de setembro de 2009)
- "Ruta polos codos de Belesar, Chantada" (14 de setembro de 2009)
- "Ruta pola Costa da Morte" (21 de setembro de 2009)
- "Abrindo unha ruta en Campolongo" (28 de setembro de 2009)
- "Ruta urbana en Pontevedra" (5 de outubro de 2009)
- "Ruta en Silleda" (12 de outubro de 2009)
- "Ruta na Baixa Limia" (19 de outubro de 2009)
- "Os mellores momentos de Botarse ao monte" (26 de outubro de 2009)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Botarse ao monte na IMDb (en inglés).