Bren Entertainment
empresa galega de creación audiovisual
Bren Entertainment S.A. é unha empresa galega de creación audiovisual, con sede en Santiago de Compostela. Forma parte do grupo Filmax Entertainment, dedicado á creación, produción, posprodución, distribución e exhibición de contidos audiovisuais para a industria do entretemento.
Bren Entertainment | |
---|---|
Tipo | Subsidiaria de Filmax Entertainment |
Fundación | 22 de febreiro de 2000 |
Localización | Santiago de Compostela |
Industria | Cinematográfica, CGI animación |
Na rede | |
http://www.bren.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarBren Entertainment foi fundada no ano 2000 como estudo de animación CGI. A súa actividade abarca todos os procesos de produción CGI, aplicados tanto á animación como á integración con imaxe real. Desde 2006 dedícase tamén á produción de documentais (tanto de creación como sociais) e ficción televisiva.
Colleitou 5 premios Goya.
Longametraxes
editar- O Cid, a lenda (José Pozo, 2003). Premio Goya á mellor película de animación.
- P3K: Pinocho 3000 (Daniel Robichaud, 2004). Goya á Mellor Película de Animación.
- Gisaku (Baltasar Pedrosa, 2005). Creouse co obxectivo de achegar a cultura e realidade española á sociedade xaponesa durante a Exposición Universal de Aichi en 2005. Candidata ao Goya á Mellor Película de Animación.
- Pérez, o ratiño dos teus soños (Juan Pablo Buscarini, 2006). Superou os 700 000 espectadores, converténdose no filme español de animación máis visto ata entón. Goya á mellor película de animación.
- Donkey Xote (José Pozo, 2007). Nomeada ó Goya á Mellor Película de Animación.
- Nocturna, una aventura mágica (Víctor Maldonado e Adrià García, 2007). Goya á mellor Película de Animación.
- Pérez 2, el ratoncito de tus sueños (2008). Nomeada ó Goya á Mellor Película de Animación.
Outras producións
editar- Maniotas (Fran Velo e Xosé Antón Moure, 2009). Serie documental. 13 x 30'. TVG.
- Días de reparto (Jorge Coira e Iker Elorrieta, 2009). Documental (55´).
- Reliquias (Toño López, 2009). Tv Movie. (90´).
- Exposición permanente Xacobeo (Pavillón de Galicia) (Chema Gagino, 2009). Pezas de animación e integración para a Exposición Xacobeo.
- Botarse ao monte (Fran Velo e Xosé Antón Moure, 2009). Serie documental. 13 x 30'. TVG. Nomeado aos premios Mestre Mateo 2009 ao mellor programa de TV e mellor Comunicador.
- O pequeno eloxio da distancia (Felipe Vega, Julio Llamazares e Ángel Hernández Zoido). Curtametraxe documental (15´).
- Eloxio da distancia (Felipe Vega e Julio Llamazares, 2008). Longametraxe documental (90'). HD para copia en 35 mm. Nomeada aos Premios Mestre Mateo 2008 ao mellor documental.
- O premio da rubia (Marcos Nine, 2008). Documental (55'). TVG.
- Prodixiosos (Manuel Darriba, 2008). Documental (55'). TVG.
- Historia dunha parroquia (Marcos Nine, 2007). Documental (55') TVG. Nomeado aos Premios Mestre Mateo 2007 ao mellor documental.
- Tolos por Xapón (Manuel Darriba e Pedro Ramos, 2006). Documental (55') TVG. Nomeado aos Premios Mestre Mateo 2007 ao mellor documental.
- Hai que mollarse! (Fran Velo e Xosé Antón Moure. Serie documental. 39 x 30'. TVG. 2007-2008. Mellor programa de TV nos Premios Mestre Mateo 2008. Nomeado aos Premios Mestre Mateo 2008 á Mellor Realización. Nomeado aos Premios Mestre Mateo 2007 ao mellor programa de TV e mellor dirección.
- Lume e fume (Emilio Mac Gregor, 2006). Documental (55'). TVG. Nomeado aos Premios Mestre Mateo 2006 ao mellor documental.