Emilio Mac Gregor

Emilio Mac Gregor, nado en Cidade de México en 1962 e finado na Coruña o 16 de febreiro de 2008, foi un director de cine e televisión galego.

Emilio Mac Gregor
Nacemento1962
Lugar de nacementoCidade de México
Falecemento16 de febreiro de 2008
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndirector de cinema e produtor de cinema
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Neto de galegos de Lugo e de escoceses, fillo do actor e director mexicano Eduardo Mac Gregor e dunha exiliada republicana galega, Emilio Mac Gregor naceu en México pero aos dez anos viaxou a Madrid, seguindo o traballo de seu pai. Despois dun ano nos Países Baixos, 1973, regresou á capital de España, onde logo de estudar filosofía tomou contacto co mundo do cine. Volveu a México como consecuencia do tremor de terra de México, e nos anos oitenta marchou de novo a España para comezar a traballar en televisión, como técnico no programa Lo + Plus da recentemente creada cadea Canal +.

En 1999 veu a Galicia a traballar como realizador da serie Mareas vivas. Seguiu na produción da serie ata o ano 2002. Tamén dirixiu outros produtos para a Televisión de Galicia, así como diversos documentais e curtametraxes.

FilmografíaEditar

Ficción para televisiónEditar

TelevisiónEditar

  • El tercer tiempo (Canal+)
  • El día después (Canal+)
  • Lo más + (Canal+)