Abrir o menú principal

O Cid, a lenda

filme de 2003 dirixido por José Ángel Pozo

O Cid, a lenda (en castelán: El Cid: La leyenda) é un filme español de animación dirixido por José Pozo, que foi estreado no 2003. Está baseado na historia lendaria de Rodrigo Díaz de Vivar, tamén coñecido como O Cid.

O Cid, a lenda
Ficha técnica
Título orixinalEl Cid: La leyenda
DirectorJosé Pozo
ProdutorJulio Fernández
GuiónJosé Pozo
IntérpretesManel Fuentes
Sancho Gracia
Carlos Latre
Loles León
Natalia Verbeke
Miguel Ángel Rodríguez
MúsicaÓscar Araujo
FotografíaAdrià García
Víctor Maldonado
MontaxeFélix Bueno
DistribuidoraFilmax Animation
Estrea19 de decembro de 2003
Duración90 minutos
OrixeEspaña
XéneroAnimación

Contou coa participación de profesionais da factoría Bren Entertainment, sita en Santiago de Compostela, nun labor centrado na animación 3D. Foi editado en DVD con audio en galego.

ArgumentoEditar

Rodrigo ten ante si un futuro prometedor. Fillo dun nobre castelán, edúcase na corte na compañía do seu mellor amigo Sancho, o primoxénito do monarca Fernando I. Mais tras a morte do Rei, Rodrigo vese envolto nun mundo de tramas e conspiracións que acabarán coa vida de Sancho e a coroación do infante Afonso. Desterrado de Castela e deshonrado, Rodrigo emprende cos seus fieis unha arriscada aventura.

PersonaxesEditar

Galardóns e nomeamentosEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar