Carlos Jiménez Díaz
Carlos Jiménez Díaz, coñecido artisticamente como Carlos Jiménez, nado en Viveiro o 11 de xaneiro de 1971, é un actor de dobraxe, locutor e presentador radiofónico e de televisión, humorista e imitador galego. Licenciouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1993.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xaneiro de 1971 (53 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | locutor de radio , imitador (pt) , actor de dobraxe , humorista |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2018.) |
Traxectoria
editarDobraxe
editarCarlos Jiménez ten unha longa traxectoria como actor de dobraxe en publicidade, series de televisión e longametraxes. Un dos seus traballos máis coñecidos é como voz de Paulo Mármore na versión galega de Os Picapedra (The Flinstones), emitida pola TVG.
Foi locutor dos programas Hai que mollarse e Botarse ó monte, actualmente tamén en Cos Pés na Terra na televisión pública galega, e púxolle a voz ao personaxe Burro, na dobraxe galega do filme Shrek (na versión orixinal tiña a voz de Eddie Murphy).
Radio
editarComo locutor radiofónico traballou no espazo Corre Carmela que chove en RadioVoz Galicia (1993-1995), líder de audiencia na súa faixa horaria e Premio Galicia de Comunicación ao mellor programa radiofónico de 1994. Tamén recibiu o Premio Curuxa do Humor que concede o Concello de Fene nese mesmo ano.
Entre 1996 e 1998 traballou tamén no programa Penalty y Expulsión en Radio Voz A Coruña, e desde 1999 en distintos programas da Radio Galega como Nunca Tal Oíra, O Miradoiro e Un día por diante (tamén con Paco Lodeiro). Desde outubro de 2009 ata 2017 formou parte do equipo do espazo deportivo Galicia en Goles onde recibiu tamén o premio no apartado de Radio ano 2013 da Asociación Galega de Prensa Deportiva. Desde entón forma parte do programa Galicia por Diante, xunto con Kiko Novoa.
Televisión
editarColaborou en diversos programas da TVG como Palabras maiores (1994), Selección Galega (1995), Salsa verde (1996), Tardes con Ana (1999-2001), Tardes de verán (2000), O show dos Tonechos e colaboracións esporádicas en Supermartes e Luar. Desde novembro de 2009 a 2011 como guionista e actor no programa de humor Land Rober, con Roberto Vilar.
Humorista e imitador
editarComezou como humorista en espectáculos en directo como membro do equipo de Corre Carmela que Chove. É membro do espectáculo humorístico Risoterapia, xunto con Paco Lodeiro, que realiza periodicamente actuacións por toda Galiza. A súa especialidade é a imitación, e asegura contar no seu repertorio con máis de 120 personaxes famosos.