Os Picapedra

serie de debuxos animados

Os Picapedra (en inglés: The Flintstones), foi unha serie animada de Hanna-Barbera. Trátase dunha das series máis exitosas de tódolos tempos nos Estados Unidos. Estreouse o 30 de setembro de 1960 e estivo en antena en horario de máxima audiencia ata 1966, emitida pola canle de televisión norteamericana ABC. En Galicia a serie puido ser vista primeiro coa dobraxe hispanoamericana en TVE; e posteriormente, xa nos anos 90, na TVG coa dobraxe galega.

Os Picapedra
Creado por
Escrito por
Dirixido por
Tema de apertura"Rise and Shine" (instrumental) (dúas primeiras tempadas e os dous primeiros episodios da 3ª tempada)
"Meet the Flintstones" (o resto das tempadas)
Tema de peche"Rise and Shine" (instrumental) (dúas primeiras tempadas e os dous primeiros episodios da 3º tempada)
"Meet the Flintstones" (resto das tempadas)
"Open Up Your Heart (e Let the Sunshine In)" (algúns episodios da 6ª tempada)
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Temporadas6
Episodios166
Produción
Produtor(es)Hanna-Barbera Productions
Duración25 minutos
DistribuidorScreen Gems
(1960–1967)
Columbia Pictures Television
(1974–1987)[1]
Emisión orixinal
Canle de orixeABC
Formato de sonMonaural
Primeiro episodio30 de setembro de 1960
Derradeiro episodio1 de abril de 1966
Cronoloxía
Seguido porThe Pebbles and Bamm-Bamm Show
Na rede
IMDB: tt0053502 Allocine: 4940 Rottentomatoes: tv/the_flintstones_1960 Metacritic: tv/the-flintstones TV.com: shows/the-flintstones
Musicbrainz: 83fcdacd-263f-4ea0-8ff2-a377d2c76dbc Discogs: 1471857 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Vilma e Pedro Picapedra.

A historia tiña lugar nunha vila chamada Pedradura, na Idade de Pedra pero cunha sociedade moi semellante á estadounidense a mediados do século pasado.

Estaba ambientada nun mundo de fantasía onde os dinosauros, mamuts e outros animais xa extinguidos convivían cos humanos, que empregaban tecnoloxía semellante á do século XX pero con animais que realizaban as súas funcións. As personaxes conducían automóbiles feitos de rochas e peles de animais.

As principais personaxes da serie eran os Picapedra, parella formada por Pedro e Vilma, e os Mármore, matrimonio formado por Paulo e Betty. Na etapa final da serie incorporáronse os seus fillos: Pebbles Picapedra e Bam-bam Mármore.

Historia

editar

Orixinalmente, a serie estaba dirixida a un público adulto, o que se apreciaba por estar patrocinada pola marca de tabaco Winston. Nalgúns dos seus anuncios aparecían as personaxes da serie. Os Picapedra mantivo o seu récord como a serie animada máis longa ata 1997, ano no que dito récord pasou a ser doutra serie, The Simpsons.

Fixéronse dúas adaptacións ao cinema con actores reais, en 1994 e 2000.

Dobraxe ó galego

editar
Personaxe Voz en galego Voz orixinal
Pedro Picapedra Antón Cancelas Alan Reed / Henry Corden
Wilma Picapedra Lucía Cid / Sonia Castelo Jean Vander Pyl
Pebbles Picapedra Jean Vander Pyl
Dino Mel Blanc
Paulo Mármore Víctor Bouzas / Carlos Jiménez Díaz Mel Blanc / Daws Butler
Betty Mármore An Alfaya / Patricia de Lorenzo Bea Benaderet / Gerry Johnson
Bamm-Bamm Mármore Marián Priego / Chelo Díaz Don Messick
Brinco Don Messick
Arnoldo Don Messick
Sr. Lousa John Stephenson
Sra. Lousa Jean Vander Pyl / Bea Benaderet
The Great Gazoo Harvey Korman
  1. Prince, Stephen (2002). A New Pot of Gold: Hollywood Under the Electronic Rainbow, 1980–1989. University of California Press. p. 7. 
  2. Dougherty, Philip H. (1986-06-13). "Advertising; 'Dennis' Is Added To Lineup". The New York Times. Consultado o 2016-05-10. 
  3. 3,0 3,1 Jensen, Jeff (1995-01-16). "Hanna-Barbera toons in to reclaim heritage; studio lays plans to nurture brands, merchandise.". Advertising Age: 4. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar