American Broadcasting Company
A American Broadcasting Company (ABC) é unha das catro máis grandes cadeas de televisión estadounidenses. Está constituída por varias divisións: televisión (ABC), radio (ABC Radio), noticiarios (ABC News), deportes (ABC Sports) e entretemento, entre outras.
Historia
editarComezou cando a radio en expansión NBC dividiuse en 1927 en dúas cadeas independentes: Blue Network (Cadea Azul) e Red Network (Cadea Vermella). Para evitar un monopolio nas comunicacións, a NBC foi obrigada a vender a cadea Azul en 1942, mercándoa o 12 de outubro de 1943 [1] Edward J. Noble, fabricante dos doces Life-Savers, que lle deu o seu nome actual á compañía, a American Broadcasting Company, en 1945. Despois de fusionarse con United Paramount Theaters en 1953, a ABC expandiuse na industria televisiva e pronto se converteu nunha das tres cadeas máis importantes. Especializouse na transmisión deportiva e desenvolveu a repetición instantánea en 1961. A cadea foi mercada por Capital Cities Communications en 1985 e por The Walt Disney Company en 1995.
Actualidade
editarXunto coa CBS e a NBC forman o conxunto de cadeas xeneralistas que até a década de 1980 tiveron o monopolio da audiencia televisiva en Estados Unidos. Tamén chega ás cidades fronteirizas de México e aos sistemas de cable da Franxa Fronteiriza Norte.
Programas
editarTelexornais
editar- 20/20 (1979-presente)
- Good Morning America (1975-presente)
- ABC World News (1978-presente)
Drama
editar- Lost (2004-presente)
- Desperate Housewives (2004-presente)
- Grey's Anatomy (2005-presente)
- Brothers and Sisters (2006-presente)
- Kyle XY(2006-presente).
- Private Practice (2006-presente)
Comedia
editar- According to Jim (2001-presente)
- The George Lopez Show (2002-presente)
- Emily's Reasons Why Not (2006-presente)
- Ugly Betty (2006-presente)
- Pushing Daisies (2007-presente)
- Samantha Who? (2007-presente)
- Boston Legal (2004-2008)
Telenovelas
editar- All My Children (1970-presente)
- General Hospital (1963-presente)
- One Life to Live (1968-presente)