Lost (serie de televisión)

Lost é unha serie de televisión norteamericana estreada orixinalmente a través da American Broadcasting Company (ABC) dende 22 de setembro de 2004 ata o 23 de maio de 2010, cun total de seis tempadas. Trata dos acontecementos que lles suceden aos sobreviventes dun accidente de avión nunha misteriosa illa tropical, despois de que o voo comercial 815 de Oceanic Airlines entre Sidney e Os Ánxeles se estrelase nalgún lugar do Pacífico Sur. Cada episodio mestura o argumento principal da illa así como unha historia secundaria a través dun flashback sobre a vida dalgún dos personaxes, aínda que segundo vai avanzando a serie vanse sucedendo outras técnicas narrativas para estruturar os episodios. O primeiro episodio ou episodio piloto da serie foi escrito por J. J. Abrams, Jeffrey Lieber e Damon Lindelof e dirixido por Abrams. Este episodio e converteuse no episodio máis caro da historia da televisión no momento da súa estrea (actualmente superado polos episodios pilotos de Terranova e Boardwalk Empire). Emitiuse o 22 de setembro de 2004[1], e dende entón foron emitidas seis tempadas, rematando o 23 de maio de 2010. Este episodio final foi emitido simultaneamente en nove países. Para satisfacer aos fanáticos da serie escribiouse un epílogo onde se resolvían algúns misterios da illa que quedaron pendentes. A serie é transmitida pola American Broadcasting Company nos Estados Unidos, así como en diferentes cadeas en moitos outros países.

Lost

Pantalla de título de Lost.
FormatoAventura, drama, fantasía, ficción científica, suspense
Creado porJeffrey Lieber
J.J. Abrams
Damon Lindelof
Dirixido porJack Bender
Stephen Williams
IntérpretesAdewale Akinnuoye-Agbaje
Sam Anderson
Naveen Andrews
L. Scott Caldwell
Nestor Carbonell
François Chau
Henry Ian Cusick
Jeremy Davies
Emilie de Ravin
Michael Emerson
Jeff Fahey
Fionnula Flanagan
Matthew Fox
Jorge Garcia
Maggie Grace
Josh Holloway
Malcolm David Kelley
Daniel Dae Kim
Yunjin Kim
Ken Leung
Evangeline Lilly
Rebecca Mader
Elizabeth Mitchell
Dominic Monaghan
Terry O'Quinn
Harold Perrineau
Zuleikha Robinson
Michelle Rodriguez
Kiele Sanchez
Rodrigo Santoro
Ian Somerhalder
John Terry
Sonya Walger
Cynthia Watros
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Temporadas6
Episodios121 (Lista de episodios)
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
J.J. Abrams
Damon Lindelof
Carlton Cuse
Jack Bender
Jeff Pinkner
Bryan Burk
Localización(s)Oahu, Hawai
Cámara35mm
Duración40 - 48 minutos
Emisión orixinal
Canle de orixeABC
Formato de imaxe480i (SDTV)
720p (HDTV)
1080i (HDTV)
Primeiro episodio22 de setembro de 2004
Derradeiro episodio23 de maio de 2010
Na rede
http://abc.go.com/shows/lost
IMDB: tt0411008 Filmaffinity: 370639 Allocine: 223 Rottentomatoes: tv/lost Allmovie: v315149 Metacritic: tv/lost TV.com: shows/lost
Facebook: LOST Twitter: lostofficial Netlix: 70136118 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Debido ao seu grande elenco de actores e o custo da filmación principalmente na illa de Oahu en Hawai[2], é unha das series máis caras da televisión[3]. A serie foi creada por Damon Lindelof, J. J. Abrams e Jeffrey Lieber e é está producida por ABC Studios, Bad Robot Productions e Grass Skirt Productions. A banda sonora orixinal está composta por Michael Giacchino. Os produtores executivos da tempada final son Lindelof, Abrams, Bryan Burk, Jack Bender, Edward Kitsis, Adam Horowitz, Jean Higgins, Elizabeth Sarnoff e Carlton Cuse.

Aclamada pola crítica e o éxito popular, Lost obtivo unha media de 16 millóns de espectadores por episodio na ABC durante o seu primeiro ano. Ademais, gañou numerosos premios da industria, entre eles o Emmy á mellor serie de drama en 2005[4] e o Globo de Ouro á mellor serie de televisión dramática en 2006. Debido a este grande éxito e a un público moi fiel, a serie converteuse en parte da cultura popular, habendo moitas referencias á historia e aos diferentes elementos que aparecen noutras series de televisión[5], anuncios, banda deseñada[6], revistas de humor, videoxogos[7][8] e música. Todo este universo ficticio tamén está acompañado de novelas, xogos de mesa e videoxogos, con xogos de realidade alternativa, como The Lost Experience e Find 815.

Lost finalizou na súa sexta tempada, retransmitíndose o seu último episodio, o número 121[9], o 23 de maio de 2010[10][11].

Sinopse

editar

Visión en conxunto

editar
Artigo principal: Lista de episodios de Lost.

A primeira tempada comeza co accidente de avión que deixa ós pasaxeiros superviventes do voo 815 de Oceanic Airlines no que parece ser unha illa tropical deserta. A súa supervivencia vese ameazada por diversas entidades misteriosas, incluíndo osos polares, unha criatura invisible que vaga pola selva (o "Monstro de Fume") e os malevolentes habitantes da illa coñecidos como "os Outros". Atópanse cunha muller francesa chamada Danielle Rousseau que naufragou na illa 16 anos antes ca eles e está desesperada por saber novas de alguén chamado Alex. Tamén atopan un zapón de metal soterrado no chan. Mentres dous personaxes intentan forzar o zapón, outros catro superviventes tentan deixar a illa nunha balsa que construíron. Namentres, amósanse analepses centradas nas vidas individuais dos superviventes antes de estrelarse o avión.

A segunda tempada segue co crecente conflito entre os superviventes e os Outros, e continúa o tema do enfrontamento entre fe e ciencia mentres algúns misterios son revelados e aparecen outros novos. Desenvólvese unha loita de poder entre Jack e John sobre o control das armas e das menciñas do zapón, que é resolto en "The Long Con" por Sawyer cando gaña o control sobre elas. Son introducidos novos personaxes, incluíndo ós superviventes do sector de cola e outros habitantes da illa. Revélase que o zapón é unha estación de investigación construída pola Iniciativa Dharma, un proxecto científico que realizou experimentos na illa décadas atrás. Un home chamado Desmond Hume vivira no zapón durante tres anos, premendo un botón cada 108 minutos para evitar que ocorrese un suceso catastrófico. A verdade sobre os misteriosos Outros comeza a ser desvelado, un dos sobreviventes do accidente traizoa os outros sobreviventes e tamén é revelado o motivo do accidente do avión.

Na terceira tempada, os supervivente do accidente descobren máis cousas sobre os Outros e a súa longa historia na misteriosa illa. Desmond e un dos Outros únense ós superviventes mentres que un deles deserta ós Outros. Comeza unha guerra entre os Outros e os superviventes, e os superviventes entran en contacto cun equipo de rescate a bordo do cargueiro Kahana'.

A cuarta tempada céntrase no contacto dos superviventes coa chegada de persoas do cargueiro, que foron enviados á illa non como parte dunha operación de rescate, senón con fins máis nefastos. Comézanse a propoñer deixa-la illa antes de que a tripulación do cargueiro poida realizar o seu plan. Mediante prolepses revélanse as identidades e futuras accións dos chamados "Seis de Oceanic", un grupo de superviventes que foron quen de escapar da illa e retomar as súas vidas normais. Coa intención de "mover a illa" por seguridade, un dos Outros usa un antigo dispositivo que non só move a illa fisicamente senón que tamén a traslada noutro punto do tempo, mentres que simultaneamente teletransporta a ese Outro ó deserto de Tunisia.

A quinta tempada ten dúas liñas temporais. A primeira ten lugar na illa onde os superviventes dan saltos erráticos cara a adiante e cara a atrás no tempo, ata que finalmente fican na época da Iniciativa Dharma en 1974. A segunda continúa a liña temporal orixinal, que ten lugar após que os "Seis de Oceanic" escapen, e continúa ata o seu retorno á illa no voo 316 de Ajira Airways no 2007 (tres anos despois de que escaparan). Coa chegada do novo avión á illa, algúns pasaxeiros aterran en 1977 e outros fican no 2007. Os que van a 1977 reúnense cos outros superviventes que estiveron vivindo durante tres anos coa Iniciativa Dharma e tentan cambiar eventos do pasado coa fin de previr o futuro accidente do voo de Oceanic.

Na sexta e última tempada, a principal liña argumental segue ós superviventes, reunidos no tempo presente. Trala desaparición de Jacob, o protector da illa, os superviventes enfróntanse ó Home de Negro, coñecido anteriormente como o Monstro de Fume. Ofrécese outra narrativa alternativa (flash-sideways) que segue as vidas dos personaxes principais no suposto de que o 815 de Oceanic nunca se estrelou. Nos derradeiros episodios, unha analepse a un pasado distante amosa a orixe do poder da illa e o conflito entre Jacob e o Home de Negro, que se desvela que son irmáns xemelgos. Un dos superviventes convértese no sucesor de Jacob como protector da illa e acaba co Home de Negro nun enfrontamento final coa illa en xogo. Un reducido número de persoas escapa no avión de Ajira. Está implícito que algúns sobreviventes voltan a casa máis tarde, mentres que outros seguen vivindo felizmente na illa. O final da serie revélase que os flash-sideways son en realidade unha forma de limbo, onde algúns dos sobreviventes e outros personaxes da illa están reunidos despois de morrer porque o seu tempo na illa foi a parte máis importante da súa existencia. Ó final, os personaxes principais reúnense nunha igrexa onde "seguir adiante" xuntos.

Mitoloxía e interpretacións

editar
Artigo principal: Mitoloxía de Lost.

Os episodios de Lost inclúen unha serie de elementos misteriosos adscritos á ciencia ficción ou ós fenómenos sobrenaturais. Os creadores da serie refírense a eses elementos como parte da mitoloxía da serie, e son as bases das especulacións dos fans da serie.[12] Os elementos mitolóxicos inclúen un "Monstro" que rolda pola illa, un grupo de habitantes que os superviventes chaman "Os Outros", unha organización científica chamada Iniaciativa Dharma que ten varias estacións de investigación na illa, unha secuencia de números que aparece frecuentemente nas vidas dos personaxes no pasado, no presente e no futuro, e conexións persoais (sincronicidade) entre eles que en moitos casos descoñecen.

O corazón da serie é unha historia complexa e enigmática, que xerou moitas preguntas e debates entre os espectadores.[13] Alentados polos guionistas e as estrelas da serie, que moitas veces interactúan cos fans en liña, os espectadores e críticos de televisión botáronse á teorización xeneralizada nun intento de desvelar os misterios. A meirande parte das teorías tratan sobre a natureza e orixe da illa, as orixes do "Monstro" e "Os Outros," o significado dos números, e as razóns tanto para o accidente como para a supervivencia dalgúns pasaxeiros.[13] Moitas das teorías dos fans foron debatidas e rexeitadas polos creadores da serie, sendo a máis común delas que os superviventes do voo 815 de Oceanic están mortos e no purgatorio. Lindelof rexeitou especulacións sobre que naves espaciais e aliens influíron nos eventos da illa, ou que todo o que se ve na serie é en realidade produto do maxín dun só personaxe. Carlton Cuse rexeitou a teoría de que a illa era un reality show e os náufragos compañeiros involuntarios[14] e Lindelof negou a teoría de que o "Monstro" fose unha nube de nanobots semellante á da novela de Michael Crichton Prey (que ademais comparte o mesmo nome do protagonista, Jack).[15]

Elementos recorrentes

editar

Hai numerosos elementos recorrentes e motivos en Lost, que xeralmente non un efecto directo na historia en si mesma, pero estenden o subtexto literario e filosófico. Estes elementos inclúen aparicións frecuentes de branco e negro, que reflicte o dualismo entre personaxes e entre situacións, así como tamén a rebelión de case tódolos personaxes, especialmente Kate;[16] situacións de familias disfuncionais (sobre todos aquelas que teñen que ver cos pais);[17] referencias apocalípticas, como a de Desmond premendo o botón de evitar a fin do mundo; coincidencias versus destino; conflito entre ciencia e fe, representado no enfrontamento entre Jack e Locke por ser líderes;[18] e referencias a numerosas obras da literatura, como mencións e discusións de novelas.[19] Tamén hai moitas alusións nos nomes dos personaxes a pensadores e escritores de sona, como Ben Linus (o químico Linus Pauling), John Locke (o filósofo John Locke) e o seu alias Jeremy Bentham (o filósofo Jeremy Bentham), Danielle Rousseau (o filósofo Jean-Jacques Rousseau), Desmond David Hume (o filósofo David Hume), ex marido de Juliet (o filósofo Edmund Burke), Mikhail Bakunin (o anarquista Mikhail Bakunin), Daniel Faraday (o filósofo Michael Faraday), George Minkowski (o matemático Hermann Minkowski), Richard Alpert (o nome de nacemento de Ram Dass), Boone Carlyle (o pioneiro americano Daniel Boone), Charlotte Staples Lewis (o autor Clive Staples Lewis C. S. Lewis).[20]

Personaxes

editar
Artigo principal: Lista de personaxes de Lost.

Das 324 persoas que ían a bordo do voo 815 de Oceanic Airlines,[21] houbo 70 sobreviventes inicialmente (así como un can) repartidos en tres seccións nas que se dividiu o avión accidentado.[22][23][24] Porén, a primeira parte da serie contou con tan só 14 personaxes principais, que aínda así xa era o segundo elenco de actores máis grande dunha serie do prime time americano. Aínda que este grande elenco de actores fai que a serie sexa moi cara de producir, os guionistas benefícianse dunha maior flexibilidade á hora de dirixir a historia, crear outras personaxes novas ou facer interacción entre elas.[25]

Lost pensouse cuns personaxes multiculturais e cun elenco internacional. A tempada inicial tivo 14 personaxes regulares. Matthew Fox interpretou o protagonista, un turbado cirurxián chamado Jack Shephard. Evangeline Lilly interpretou a fuxitiva da cal está namorado Kate Austen. Jorge Garcia interpreta a Hugo "Hurley" Reyes, un desafortunado gañador da lotaría. Josh Holloway fai do estafador James "Sawyer" Ford. Ian Somerhalder da vida a Boone Carlyle, director de operacións de negocio da empresa de vodas da súa nai. Maggie Grace fai da súa medio-irmá Shannon Rutherford, unha profesora de danza clásica. Harold Perrineau é o construtor e aspirante a artista Michael Dawson, e Malcolm David Kelley é o seu fillo, Walt Lloyd. Terry O'Quinn interpreta o misterioso John Locke. Naveen Andrews é o membro da Garda Republicana Iraquí Sayid Jarrah. Emilie de Ravin é Claire Littleton, unha moza australiana embarazada. Yunjin Kim fai de Sun-Hwa Kwon, a filla dun poderoso home de negocios e mafioso coreano, e Daniel Dae Kim é o seu marido Jin-Soo Kwon. Dominic Monaghan interpreta a ex-estrela de rock drogadicta Charlie Pace.

Durante as primeiras dúas tempadas, algúns personaxes morreron, mentres que foron engadidos outros novos con novas historias.[26][27] Boone Carlyle morre preto da fin da primeira tempada,[28] e Malcolm David Kelley convértese en estrela ocasional durante a segunda tempada despois de que a súa personaxe, Walt, fose capturada polos Outros ó remate da primeira tempada. A morte de Shannon logo de oito episodios da segunda tempada permitiu introducir novas personaxes como Mr. Eko, un falso sacerdote nixeriano e antigo criminal interpretado por Adewale Akinnuoye-Agbaje; Ana Lucia Cortez, unha garda de seguridade de aeroporto e antiga axente de policía interpretada por Michelle Rodriguez e Libby Smith, unha suposta psicóloga clínica e antiga enferma mental, interpretada por Cynthia Watros. Ana Lucia e Libby desaparecen da serie ó final da segunda tempada logo de seren disparadas por Michael, quen despois abandona a illa xunto co seu fillo.[29]

Na terceira tempada, dous actores foron ascendidos de papeis recorrentes a protagonistas: Henry Ian Cusick como o ex-soldado escocés Desmond Hume, e Michael Emerson como o manipulador líder dos Outros, Ben Linus. Ademais, tres novos actores foron engadidos ó elenco regular: Elizabeth Mitchell, que interpreta a doutora de fertilidade dos Outros Juliet Burke, e Kiele Sanchez e Rodrigo Santoro como a parella de superviventes Nikki Fernández e Paulo. Numerosos personaxes desaparecen nesta tempada, como Eko, que morre porque o actor Akinnuoye-Agbaje non quixo continuar na serie,[30][31] Nikki e Paulo, que foron soterrados vivos pola pobre resposta dos fans,[32] e Charlie, que fina ó remate da terceira tempada.

Na cuarta tempada, Harold Perrineau volve ó elenco principal ó retomar o papel de Michael, agora con tendencias suicidas e nunha desesperada viaxe de redención para expiar os seus crimes anteriores.[33] Xunto con Perrineau, novos actores son engadidos ó elenco — Jeremy Davies como Daniel Faraday, un nervioso físico con interese científico na illa; Ken Leung como Miles Straume, un sarcástico e presunto cazador de pantasmas, e Rebecca Mader como Charlotte Staples Lewis, unha testana e determinada antropóloga.[34] Michael morre ó final da tempada.[35] Claire, quen desaparece misteriosamente co seu pai biolóxico morto ó final da tempada, non regresa como personaxe regular na quinta tempada, pero regresa para a sexta e derradeira.[36]

Na quinta tempada, non son engadidos novas personaxes, malia que algúns deles deixan a serie: Charlotte faino axiña no episodio cinco, e Daniel no antepenúltimo. A tempada seis sufriu varios cambios; Juliet desaparece na estrea da tempada mentres que tres actores de personaxes recorrentes son ascendidos á categoría de principais.[37] Estes tres son Nestor Carbonell como o misterioso e lonxevo Richard Alpert, Jeff Fahey como o piloto Frank Lapidus[38] e Zuleikha Robinson como a supervivente do voo 316 deAjira Airways Ilana Verdansky. Ademais, antigos membros do elenco como Ian Somerhalder, Dominic Monaghan, Rebecca Mader, Jeremy Davies, Elizabeth Mitchell, Maggie Grace,[39] Michelle Rodriguez,[40] Harold Perrineau e Cynthia Watros[41] fan diversas aparicións.

Numerosos personaxes secundarios fixeron aparicións esporádicas e recorrentes no progreso da historia. Danielle Rousseau (Mira Furlan), é unha francesa membro dunha expedición científica cuxa voz gravada é escoitada por radio no episodio piloto. Aparece ó longo da serie buscando á súa filla Alex Rousseau (Tania Raymonde), á cal acabaría atopando. Cindy (Kimberley Joseph), é unha azafata de Oceanic que aparece no episodio piloto, que máis tarde se convertería nunha dos Outros. A parella formada por Rose Henderson (L. Scott Caldwell) e Bernard Nadler (Sam Anderson), separados en lados opostos da illa (ela cos protagonistas, e el cos superviventes do sector de cola) acaban reuníndose. O empresario Charles Widmore (Alan Dale) tivo conexións con Ben e con Desmond. Desmond está namorado da filla de Widmor Penelope "Penny" Widmore (Sonya Walger). Os personaxes dos Outros Tom "Mr. Friendly" (M. C. Gainey) e Ethan Rom (William Mapother) aparecen en forma de analepses ó longo da historia. O pai de Jack, Christian Shephard (John Terry) aparece en múltiples analepses de varias personaxes. Naomi Dorrit (Marsha Thomason), que a líder do grupo formado por Widmore para atopar a Benjamin Linus, aterra na illa en paracaídas durante a terceira tempada. Un dos membros do equipo inclúen ó mercenario Martin Keamy (Kevin Durand). No derradeiro episodio "The End," actores recorrentes como Sam Anderson, L. Scott Caldwell, Francois Chau, Fionnula Flanagan, Sonya Walger e John Terry foron acreditados baixo a denominación de "protagonistas" xunto co elenco principal. A misteriosa nube de fume negro, coñecida como "o Monstro" aparece en forma humana durante as tempadas cinco e seis baixo o nome "Home de Negro" interpretado por Titus Welliver. O seu rival, Jacob, foi interpretado por Mark Pellegrino.

Produción

editar

Concepción

editar

A serie comezouse a desenvolver en xaneiro de 2004, cando Lloyd Braun, director de ABC nese momento, ordenou realizar un bosquexo para un novo concepto que mesturase a novela O señor das moscas, o filme Cast Away (Naufraxio), a serie de televisión Gilligan's Island e un popular reality show de supervivencia. Para esta tarefa foi contratado o guionista Jeffrey Lieber que escribiu Nowhere, sobre o que se basearía o episodio piloto[42]

Descontento co resultado, Braun púxose en contacto con J.J. Abrams, e que fora creador da serie de televisión Alias, para escribir un novo guión. Aínda que inicialmente vacilante, Abrams aceptou a proposta coa condición de que a serie tivese un punto de vista sobrenatural e que puidese contar coa colaboración de Damon Lindelof.[43] Porén, o desenvolvemento da serie viuse forzado pola brevidade dos prazos, xa que fora encargado para finais na tempada 2004, mais a pesar do curto tempo, o equipo creativo segue sendo o suficientemente flexible como para modificar ou crear personaxes e adaptarse as diferentes problemáticas.

As dúas partes do primeiro episodio da serie foron as máis caros na historia da cadea, cun custo aproximado de 10 millóns de dólares,[44] en comparación co custo media dunha hora de produción nese mesmo ano, que roldaba os 4 millóns. A serie debutou finalmente o 22 de setembro de 2004, converténdose nun dos maiores éxitos comerciais e de crítica da tempada televisiva.

Estrutura dos episodios

editar
 
Damon Lindelof, un dos creadores da serie.

A meirande parte dos episodios comezan cun cold open (unha técnica empregada en televisión e cinema, que consiste en saltar directamente cara a historia ao comezo do serie, antes incluso de que apareza secuencia do título e os créditos), precedido por unha revisión dos eventos que sucedidos en anteriores capítulos e que terán relevancia para o capítulo que segue.

Despois deste comezo, nunha conxuntura dramática, a pantalla fica negra e aparece o título do serie lixeiramente desenfocado, aproximándose pouco a pouco ao espectador, aparecendo cada vez máis nítido e acompañado por un son discordante e ameazador. Despois o episodio continua coa historia xeral, mesturado sempre con historias paralelas a través de flashbacks ou outras técnicas narrativas, xeralmente co protagonismo dunha das personaxes da serie.

A maioría dos episodios adoitan rematar, repleto de suspense e tensión, revelado apenas uns segundos antes de que a imaxe sexa cortada. Con todo, tamén hai algúns episodios que rematan cunha resolución para o enredo, terminando cunha escena final de reflexión, que se fai acompañar por un simple fundido a negro.

Banda sonora

editar

Lost conta cunha banda sonora orquestral interpretada pola Hollywood Studio Symphony Orchestra e composta por Michael Giacchino, que incorpora moitos temas recorrentes para temas tales como acontecementos, lugares e personaxes, algo pouco común na música para series televisivas. Giacchino utilizou para iso algúns algúns instrumentos pouco usuais, tales como pezas suspendidas chocando ou fuselaxe de avións.[45]

O 21 de marzo de 2006, o selo discográfico Varèse Sarabande lanzou a banda sonora orixinal da serie da primeira tempada, que incluía as versións de longa duración dos temas máis populares e o tema principal, que estaba composto polo creador da serie J.J. Abrams.[46] Ademais deste disco recompilatorio senllos discos da segunda e terceira tempadas foron postos á venda, o 3 de outubro de 2006 e o 6 de maio de 2008 respectivamente.

A parte desta banda sonora orquetral na serie tamén son utilizadas famosas cancións da cultura pop. Exemplos diso son as diversas cancións que Hurley reproduce no seu "diskman" durante todo a primeira tempada (até que se lle acaban esgotando as pilas no episodio ...In Translation), as cancións que Charlie toca na rúa coa súa guitarra, entre as que está a canción de Oasis "Wonderwall" ou a canción que escoita Jack ao final da terceira tempada mentres está a conducir, "Scentless Apprentice" de Nirvana. Como curiosidade sinalar que os temas principais ás veces varían segundo o país no que sexa emitida a serie, como por exemplo, na terceira tempada da versión xaponesa sona "Fire Walk With Me" de Fantômas.

Lugares de filmación

editar
 
A illa de Oahu, onde se rodou a serie.

Lost está filmada case na súa totalidade na illa de Oahu en Hawai (Estados Unidos. As escenas orixinais da illa foron filmadas na praia de Mokuleia, no noroeste da illa. As seguintes escenas da praia tiveron lugar na famosa North Shore (como se coñece á zona de costa norte da illa). As escenas que transcorren nunha cova na primeira tempada foron filmadas nun escenario construído nun almacén de pezas da compañía de software Xerox, que ficaba baleiro dende que un empregado levara a cabo un asasinato en masa en 1999.

Varias áreas urbanas de dentro e fóra de Honolulu son empregadas para representar outros lugares do mundo como, incluídos California, Nova York, Iowa, Miami, Corea do Sur, Iraq, Nixeria, Reino Unido, París, Tailandia, Berlín e Australia. Por exemplo, as escenas do aeroporto de Sidney foron filmadas no Centro de Congresos de Hawai, mentres que as escenas da Garda Republicana Iraquí foron rodadas nun búnker da segunda guerra mundial. Un caso curioso son as escenas transcorridas en Alemaña durante o inverno, que foron rodadas nun típico barrio de Honolulu onde se dispersou xeo para crear neve e onde se rotularon símbolos automobilísticos alemás na rúa.

Tempadas

editar
Artigo principal: Lista de episodios de Lost.

Primeira tempada (2004-2005)

editar
Artigo principal: Lost (tempada 1).

A primeira tempada consta de 25 episodios que comezaron a transmitirse nos Estados Unidos o 22 de setembro de 2004. O accidente aéreo do voo 815 da compañía Oceanic Airlines na costa do que aparenta ser unha illa tropical deserta, forza ó grupo de pasaxeiros que sobrevive a traballar en conxunto para se manteren vivos. Porén, a súa supervivencia está ameazada por varios misterios, incluíndo osos polares, unha criatura que vaga pola selva e os habitantes da illa coñecidos como "os Outros". Os superviventes descobren unha muller francesa chamada Danielle Rousseau, cuxo navío naufragara na illa 16 anos antes. Finalmente, algúns dan cun zapón metálico soterrado no chan, e asemade outro grupo intenta saír da illa nunha balsa.

Segunda tempada (2005-2006)

editar
Artigo principal: Lost (tempada 2).

A segunda tempada inclúe 24 episodios que comezaron a emitirse nos Estados Unidos o 21 de setembro de 2005. A meirande parte da historia, que continúa 45 días despois da caída do avión na illa, céntrase no crecente conflito entre os superviventes e os Outros, co tema recorrente do enfrontamento entre fe e ciencia, importante nalgúns episodios. Resólvense algúns misterios, pero aparecen novas preguntas; á par, móstranse máis datos da vida pasada dos pasaxeiros e aparecen personaxes novos, os superviventes da zona da cola do avión. Revélase tamén a existencia da Iniciativa Dharma e o seu benfeitor, a Fundación Hanso, e verdade sobre os Outros. Entón descóbrese que un dos superviventes traizoa o resto e atópase a causa do accidente do avión.

Terceira tempada (2006-2007)

editar
Artigo principal: Lost (tempada 3).

A terceira tempada está composta por 23 que comezaron a estrearse nos Estados Unidos o 4 de outubro de 2006. A historia continúa 67 días despois do accidente aéreo. Os superviventes aprenden máis sobre a historia dos Outros na misteriosa illa. Establécese unha guerra entre os superviventes e os Outros. Finalmente, os primeiros conseguen poñerse en contacto cun equipo de rescate.

Cuarta tempada (2008)

editar
Artigo principal: Lost (tempada 4).

A cuarta tempada ía ser de 16 episodios antes da folga de guionistas. Debido a ela, quedou acurtada en 14 episodios, 8 escritos e rodados antes da folga e os 6 restantes despois dela. A trama céntrase na loita dos superviventes coa xente que chegou á illa no cargueiro Kahana, e o rescate dos "seis do Oceanic", cuxas vidas se mostran grazas aos flashforwards.

Quinta tempada (2009)

editar
Artigo principal: Lost (tempada 5).

A quinta tempada fórmana 17 episodios emitidos nos Estados Unidos a partir do 21 de xaneiro de 2009. Nela, existen dous liñas temporais. A primeira está cos superviventes da illa saltando sen control de atrás cara a adiante no tempo na illa, ata que finalmente os saltos temporais se deteñen en 1974 e quedan coa Dharma Initiative. A segunda continúa na liña de tempo orixinal que ten lugar na illa e o seguimento do regreso dos seis do Oceanic á illa no voo 316 da compañía Ajira Airways, en 2007.

Sexta tempada (2010)

editar
Artigo principal: Lost (tempada 6).

A sexta tempada, con 18 episodios, comezou nos Estados Unidos o 2 de febreiro de 2010. Coa explosión da bomba de hidróxeno ao final da tempada anterior, créanse dúas liñas temporais alternativas. Na primeira, o voo 815 nunca se estrela na illa. Na segunda, os superviventes volven ao presente e deben lidar coa morte de Jacob, asasinado segundo o plan do monstro de fume negro.

Impacto e recepción

editar

Ratings

editar
Tempada Nº de episodios Estrea Remate Rank Espectadores en USA
(millóns)
Data Audiencia comezo
(millóns)
Data Audiencia final
(millóns)
1 25
25 de setembro de 2004
18,65[47]
25 de maio de 2005
20,71[48] #15 15,69[49]
2 24
21 de setembro de 2005
23,47[50]
24 de maio de 2006
17,84[51] #15 15,50[52]
3 23
24 de outubro de 2006
18,82[53]
23 de maio de 2007
13,86[54] #13 15,95[55]
4 14
31 de xaneiro de 2008
17,77[56]
29 de maio de 2008
13,99[57] #19 13,17[58]
5 17
21 de xaneiro de 2009
13,32[59]
13 de maio de 2009
9,43[60] #28 10,94[61]
6 18
2 de febreiro de 2010
14,30[62]
23 de maio de 2010
13,57[63] #31 10,08[64]

Lost estreouse orixinalmente a través da American Broadcasting Company (ABC) dende o 22 de setembro de 2004 ata o 23 de maio de 2010. O episodio piloto tivo unha audiencia de 18,6 millóns de espectadores, dándolle á ABC os mellores resultados dende 2000 cando Who Wants to Be a Millionaire foi inicialmente estreado un mes despois de Desperate Housewives.

 
Gráfico dos ratingsda serie (en millóns) por cada episodio das seis tempadas emitidas pola ABC.
  1. J. J. Abrams (22-09-2004). "Pilot: Part 1". Lost. Tempada 1. Episodio 1. ABC. 
  2. Lost: About the Show - ABC.com Arquivado 28 de xullo de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)
  3. Ryan, Tim (26-01-2005). Honolulu Star-Bulletin, ed. "High filming costs force ABC network executives to consider relocating". Arquivado dende o orixinal o 08-09-2008. Consultado o 19-05-2009. 
  4. 58th Primetime Emmy Award Nominees and Winners - Emmys.tv
  5. Thomas, Rob (2006-02-01). "Your Veronica Mars Questions Answered!". TVGuide.com Insider. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2010. Consultado o 13 de marzo de 2010. 
  6. Hughes, Adam (cover artist). Catwoman, issue 51. January 25, 2006.
  7. "Lost Found In Half-Life 2". Kotaku. 2007-10-14. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2010. Consultado o 13 de marzo de 2010. 
  8. "The Lost Numbers in HL2". Kotaku. 2007-10-14. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2012. Consultado o 13 de marzo de 2010. 
  9. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2009. Consultado o 13 de marzo de 2010. 
  10. Lindelof, Damon e Cuse, Carlton (2 de febreiro de 2010). Jimmy Kimmel Live!. ABC. 
  11. Adalian, Josef, (6 de maio de 2007) Lost Set for Three More Years, Variety. Comprobado o 12 de abril de 2009.
  12. Benson, Jim (May 16, 2005). "The Lost Generation: Networks Go Eerie". Broadcasting & Cable. Consultado o October 23, 2012. 
  13. 13,0 13,1 "IGN's Top 50 Lost Loose Ends". IGN. November 13, 2006. Consultado o October 23, 2012. 
  14. Idato, Michael (August 22, 2005). "Asking for trouble". The Sydney Morning Herald. Consultado o October 23, 2012. 
  15. Wharton, David Michael (July 17, 2005). "Coooooonnn!!!!!! Report: Friday and Saturday". Maina.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2012. Consultado o October 23, 2012. 
  16. "IGN's Top 50 Lost Loose Ends: Page 4". IGN. November 13, 2006. Consultado o October 23, 2012. 
  17. Lachonis, Jon (March 18, 2007). "Daddy Dearest - Are Father Issues at the Core of LOST?". BuddyTV. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2013. Consultado o October 23, 2012. 
  18. Lindelof, Damon, Carlton Cuse (writers); Bender, Jack (director); Burk, Bryan (executive producer) (September 5, 2006). Lost: The Complete Second Season, "Man of Science, Man of Faith" audio commentary. Buena Vista Home Entertainment. .
  19. Oldenburg, Ann (October 4, 2005). "Is Lost a literal enigma?". USA Today. Consultado o October 23, 2012. 
  20. Jensen, "Doc" Jeff (February 22, 2008). "'Lost': Mind-Blowing Scoop From Its Producers". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o October 23, 2012. 
  21. Goddard, Drew and Vaughan, Brian K. (writers); Williams, Stephen (director) (February 7, 2008). "Confirmed Dead". Lost. Tempada 4. Episodio 2. ABC. 
  22. Abrams, J.J. (teleplay/story/director), Lindelof, Damon (teleplay/story), Lieber, Jeffrey (story) (September 29, 2004). "Pilot: Part 2". Lost. Tempada 1. Episodio 2. ABC. 
  23. Christian Taylor (writer), Hooks, Kevin (director) (November 20, 2004). "White Rabbit". Lost. Tempada 1. Episodio 5. ABC. 
  24. Lindelof, Damon and Cuse, Carlton (writers); Laneuville, Eric (director) (November 16, 2005). "The Other 48 Days". Lost. Tempada 2. Episodio 7. ABC. 
  25. Keveney, Bill (August 11, 2005). "TV hits maximum occupancy". USA Today. Consultado o October 23, 2012. 
  26. Keck, William (September 13, 2005). "Lost in the face of death". USA Today. Consultado o October 23, 2012. 
  27. "Popular TV Show Returns for Its Third Year at Comic-Con". Comic-Con International. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2011. Consultado o October 23, 2012. Carlton: There will always be new characters that will be joining the cast of Lost. We will try to give the audience a lot of stuff with your favorite characters and introducing new characters and evolving the story is just part of the DNA of the show. 
  28. Jensen, "Doc" Jeff (April 6, 2005). "'Lost' to Us". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o August 5, 2007. 
  29. Keck, William (May 24, 2006). "A Father and Child Reunion?". USA Today. Consultado o October 19, 2007. 
  30. McFarland, Melanie (November 8, 2006). "On TV: Um, 'Lost,' we can't go on like this". Seattle Post-Intelligencer. Consultado o March 22, 2009. 
  31. Cohen, Sandy (July 25, 2008). "Just 34 hours left for TV's "Lost"". USA Today. Consultado o March 22, 2009. 
  32. Mitovich, Matt (March 29, 2007). "Lost Boss Explains Last Night's Double Demise". TV Guide. Consultado o October 23, 2012. 
  33. Bruno, Mike (August 8, 2007). "'Lost': The Return of Michael Dawson". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2012. Consultado o September 15, 2012. 
  34. Jensen, Jeff. "Lost: Five Fresh Faces". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2009. Consultado o August 30, 2007. 
  35. Malcom, Shawna (May 30, 2008). "Harold Perrineau Dishes on his Lost Exit (Again)". TV Guide. Consultado o May 30, 2008. 
  36. Godwin, Jennifer (May 30, 2008). "Lost Redux: Promises to Keep, and Miles to Go Before We Sleep". E!. Consultado o June 5, 2008. 
  37. Fordis, Jeff (November 19, 2009). "ABC Announces the Premiere of the Sixth and Final Season of Lost, with a Special All-Night Event on Tuesday, February 2". ABC Medianet. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2010. Consultado o November 19, 2009. 
  38. Matheson, Whitney (October 27, 2009). "A 'Lost' Q&A: Damon Lindelof answers (most of) your questions!". USA Today. Consultado o October 27, 2009. 
  39. Jensen, Jeff; Snierson, Dan (February 17, 2010). "Lost Exclusive: Maggie Grace, a.k.a. Shannon, returns this season". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2014. Consultado o February 17, 2010. 
  40. Ausiello, Michael (March 4, 2010). "Lost Exclusive: Michelle Rodriguez Returns!". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2011. Consultado o March 4, 2010. 
  41. O'Connor, Mickey (January 12, 2010). "Lost: Harold Perrineau, Cynthia Watros to Return for Final Season". TV Guide. Consultado o January 12, 2010. 
  42. Cast Away Arquivado 29 de outubro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
  43. The man who discovered Lost Arquivado 24 de marzo de 2006 en Wayback Machine. (en inglés)
  44. New series gives Hawaii 3 TV shows in production Arquivado 28 de xuño de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)
  45. Official Lost Podcast Arquivado 13 de abril de 2006 en Wayback Machine. (en inglés)
  46. Lost: Season 1 Original Soundtrack en amazon.com
  47. "Weekly Program Rankings". ABC Medianet. September 29, 2004. Consultado o July 30, 2008. 
  48. "Weekly Program Rankings". ABC Medianet. June 1, 2005. Consultado o July 30, 2008. 
  49. "ABC Medianet". ABC Medianet. May 24, 2005. Consultado o May 21, 2012. 
  50. "Weekly Program Rankings". ABC Medianet. September 27, 2005. Consultado o July 29, 2008. 
  51. "Weekly Program Rankings". ABC Medianet. May 31, 2006. Consultado o July 29, 2008. 
  52. "ABC Medianet". ABC Medianet. May 31, 2006. Consultado o May 21, 2012. 
  53. "Weekly Program Rankings". ABC Medianet. October 10, 2006. Consultado o July 23, 2008. 
  54. "Weekly Program Rankings". ABC Medianet. May 30, 2007. Consultado o July 23, 2008. 
  55. "Season Program Rankings from 09/18/06 through 06/10/07". ABC Medianet. June 12, 2007. Consultado o February 3, 2009. 
  56. Gorman, Bill (February 24, 2008). "Top Time-Shifted Broadcast Shows, Jan 28 - Feb 3". TV by the Numbers. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2013. Consultado o October 24, 2012. 
  57. Seidman, Robert (June 16, 2008). "LOST Finale, Hell's Kitchen and So You Think You Can Dance Lead DVR Viewing". TV by the Numbers. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2013. Consultado o October 24, 2012. 
  58. "ABC Medianet". ABC Medianet. May 28, 2008. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2010. Consultado o May 21, 2012. 
  59. Gorman, Bill (February 10, 2009). "Wednesday’s American Idol Has Most DVR Viewers, 90210 Has Greatest Share Of Viewing By DVR". TV by the Numbers. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2013. Consultado o February 11, 2009. 
  60. Seidman, Robert (May 19, 2009). "Top ABC Primetime Shows, May 11–17, 2009". TV by the Numbers. Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2012. Consultado o May 19, 2009. 
  61. "ABC Medianet". ABC Medianet. May 19, 2009. Consultado o May 21, 2012. 
  62. Seidman, Robert (February 22, 2010). "Lost Premiere Sees Big Gains with DVR Viewing". TV by the Numbers. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2013. Consultado o March 1, 2010. 
  63. "TV Ratings Top 25: Dancing Tops Idol With Viewers Again, Lost Finale Wins With Adults 18-49". TV by the Numbers. May 25, 2010. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2012. Consultado o May 21, 2012. 
  64. "Final 2009-10 Broadcast Primetime Show Average Viewership". TV by the Numbers. June 16, 2010. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2011. Consultado o May 21, 2012. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

Sitios web oficiais de Organizacións ficticias da serie

editar