J. J. Abrams
Jeffrey Jacob Abrams, nado en Nova York o 27 de xuño de 1966, é un produtor de cine e televisión, escritor, director, actor e compositor xudeu estadounidense, máis coñecido coma J. J. Abrams.
Traxectoria
editarCriouse nos Ánxeles (California), onde estudou no Palisades Charter High School. Máis tarde asistiría a Sarah Lawrence College.[1]
Realizou o guión e produciu varias longametraxes antes de ser o cocreador da serie de televisión Felicity. Tamén creou Alias e cocreou Lost, pola que gañou dous Premios Emmy, Fringe e Undercovers. Abrams diririu os filmes Mission: Impossible III (2006), Star Trek (2009) e Star Trek Into Darkness (2013) e Super 8 (2011) e produciu os filmes Cloverfield (2008) e Morning Glory (2010). Tamén dirixiu, produciu e coescribiu o sétimo episodio da saga Star Wars e a primeira película da triloxía secuela, Star Wars: The Force Awakens (2015). A película é a súa película máis taquillera, así como a cuarta película máis taquillera de todos os tempos sen axustar a inflación. Volveu a Star Wars producindo executivamente The Last Jedi (2017), e dirixindo e coescribindo Star Wars: The Rise of Skywalker (2019).[2]
Os colaboradores frecuentes de Abrams inclúen o produtor Bryan Burk, o produtor/director Tommy Gormley, os actores Greg Grunberg, Simon Pegg, Amanda Foreman, e Keri Russell, o compositor Michael Giacchino, os escritores Alex Kurtzman e Roberto Orci, os directores de fotografía Daniel Mindel e Larry Fong, e os editores Maryann Brandon e Mary Jo Markey.
Filmografía
editar- Taking Care of Business (1990) (guionista)
- Regarding Henry (1991) (guionista, coprodutor)
- Forever Young (1992) (guionista, produtor executivo)
- Diabolique (1996) (actor: Camarógrafo #2, como Jeffrey Abrams)
- The Pallbearer (1996) (produtor)
- Gone Fishin' (1997) (coguionista)
- Armageddon (1998) (guionista)
- The Suburbans (1999) (produtor)
- Joy Ride (2001) (guionista, produtor)
- Mission: Impossible III (2006) (director, coguionista)
- Cloverfield (2008) (produtor)
- Star Trek (2009) (director, produtor)
- Morning Glory (2010) (produtor)
- Super 8 (2011) (director, guionista, produtor)
- Misión Imposible: Protocolo fantasma (2011) (guionista, produtor)
- Star Trek Into Darkness (2013) (produtor/director)[3]
- Secuela de Cloverfield sen título (2013) (produtor)
- Samurai Jack (sen data) (coprodutor)[4]
- Infinitely Polar Bear (sen data) (coprodutor)
- Star Wars: The Force Awakens (2015)
- The Last Jedi (2017)
- Star Wars: The Rise of Skywalker (2019).
Televisión
editar- Felicity (1998–2002) (cocreador, guionista, produtor executivo, director, cocompositor do tema principal)
- Alias (2001–2006) (creador, guionista, produtor executivo, director, compositor do tema principal)
- Lost (2004-2010) (produtor executivo, compositor do tema principal, cocreador, guionista, director)
- The Office (2005–2011) (director invitado nun episodio)
- What About Brian (2006–2007) (produtor executivo)
- Six Degrees (2006–2007) (produtor executivo)
- Jimmy Kimmel Live! (2006) (director invitado nun episodio)
- Fringe (2008–presente) (cocreador, guionista, produtor executivo, director invitado nun episodio)
- Anatomy of Hope (2009) (produtor executivo, guionista, director)
- Undercovers (2010) (cocreador, produtor executivo, guionista, director)[5]
- Person of Interest (anunciada)[6]
- Alcatraz (anunciada)[7]
Premios
editarAno | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2007 | Mellor serie internacional | Lost | Candidato |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2005 | Mellor dirección de serie dramática | Lost | Gañador |
2005 | Mellor serie dramática | Lost | Gañador |
2005 | Mellor guión de serie dramática | Lost | Candidato |
2002 | Mellor guión de serie dramática | Alias | Candidato |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1999 | Peor guión | Armageddon | Candidato |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2007 | Serie dramática | Lost | Candidato |
2006 | Serie dramática | Lost | Gañador |
Notas
editar- ↑ "J.J. Abrams: Biography". Arquivado dende o orixinal o 12-08-2011. Consultado o 21-08-2011.
- ↑ "J.J. Abrams to Direct Star Wars: Episode IX!". ComingSoon.net. 2017-09-12. Consultado o 2022-07-30.
- ↑ Tatiana Siegel (30-03-2009). "'Star Trek' sequel on track". Variety. Arquivado dende o orixinal o 15-02-2011. Consultado o 31-03-2009.
- ↑ "J.J. Abrams Producing Samurai Jack Movie". Arquivado dende o orixinal o 16-08-2011. Consultado o 21-08-2011.
- ↑ "EXCLUSIVE: J.J. Abrams Goes Into Warp Speed with Star Trek and Beyond". Arquivado dende o orixinal o 28-03-2010. Consultado o 21-08-2011.
- ↑ "David Semel To Direct Jonah Nolan/J.J. Abrams' CBS Pilot 'Person Of Interest'". Arquivado dende o orixinal o 15-08-2011. Consultado o 21-08-2011.
- ↑ "Fox orders J.J. Abrams pilot 'Alcatraz'". Arquivado dende o orixinal o 07-02-2011. Consultado o 21-08-2011.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: J. J. Abrams |