Oahu[1] (en hawaianoOʻahu[oˈʔɐhu] (AFI)) é a illa máis poboada de Hawai. A cidade máis grande é Honolulú, a capital do estado. Toda a illa está baixo a administración da Cidade e Condado de Honolulú, aínda que a cidade en si só ocupa unha parte ao sueste da illa. Outros lugares de Oahu con renome internacional son: Waikiki, Pearl Harbor e Diamond Head.

Oahu
Localización da illa
Vista de Oahu desde satélite
Situación
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
EstadoHawai
ArquipélagoArquipélago de Hawai
MarOcéano Pacífico
Coordenadas21°28′N 157°59′O / 21.467, -157.983Coordenadas: 21°28′N 157°59′O / 21.467, -157.983
Xeografía
XeoloxíaIlla volcánica
Superficie1.545´3 km²
Longura máxima64 km.
Largura máxima42 km.
Perímetro336 km.
Punto máis alto1.225 m. Monte Ka´ala
Demografía
CapitalHonolulú
Poboación976,372 (2012)
Densidade631´7 hab./km²

Xeografía editar

Oahu está formada por dous volcáns, Wai´anae e Ko´olau, cun amplo val entre eles. A altitude máxima dáse no Mount Ka´á de Wai´anae con 1.225 m sobre o nivel do mar. cunha superficie total de 1.545,3 km²; é a terceira illa máis grande do Arquipélago de Hawai. Oahu está rodeada por formacións coralinas.[1]

No censo de 2000 a poboación total era de 876.156 habitantes, un 75% aproximadamente do total do estado. A Cidade e Condado de Honolulú administra, ademais do municipio, toda a illa de Oahu e as Illas de Sotavento, excepto o atol Midway.

Historia editar

Oahu foi a primeira das illas Hawai que atopou o inglés James Cook o 18 de xaneiro de 1778, durante a súa terceira viaxe ao Pacífico. Dirixíase desde as illas da Sociedade cara ao norte por unha ruta supostamente similar á que seguiran as antigas migracións polinesias. Logo de explorar todo o Pacífico Sur quedou sorprendido de atopar unhas illas altas no medio do Pacífico Norte, coa mesma cultura que se estendía ata Nova Zelandia e a illa de Pascua.

O rei Kamehameha III trasladou o seu capital de Maui a Oahu en 1845. Palacio 'Iolani é unha mostra da presenza da monarquía.

Hoxe en día, Oahu é un destino turístico internacional con máis de cinco millóns de visitantes cada ano, principalmente dos Estados Unidos continentais e do Xapón. Multitude de películas e series de televisión filmáronse na illa, por exemplo Magnum, Hawaii Five-O ou Lost.

Lugares de interese editar

  • Honolulu, é a capital do estado. Alberga o Bishop Museum, o máis importante de cultura polinesia; o Honolulu Academy of Arts, un museo de arte cunha importante colección de arte asiática; Lyon Arboretum, un xardín botánico tropical.
  • Waikiki é o gran centro turístico de Hawai, situado na costa sur de Oahu, que concentra o 90% dos hoteis. A praia de Waikiki, unha das máis famosas do mundo, ofrece sol, praia e surf. No século XIX xa era un lugar de descanso da familia real hawaiana. O nome hawaiano Waik significa 'auga drenada' xa que antes estaba rodeada de zonas húmidas.
  • Pearl Harbor é unha baía situada ao oeste de Honolulú. A maior parte do porto e os arredores da baía son unha base naval norteamericana, o cuartel xeral da frota do Pacífico. Foi o ataque a Pearl Harbor, o 7 de decembro de 1941, o que provocou a entrada dos Estados Unidos na segunda guerra mundial. Os restos do USS Arizona e o USS Missouri son monumentos conmemorativos da guerra.
  • Diamond Head (en hawaiano Lē'ahi) é un cono volcánico, situado ao leste de Waikiki, que mostra unha vista panorámica que se converteu nun símbolo turístico. O nome déronllo navegantes ingleses do século XIX que confundiron os cristais de calcita incrustados na roca con diamantes. Está declarado como State Monument.
 
Surf en Oahu.
 
Diamond Head.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1493. ISBN 9788482893600. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar