Illas de Sotavento
As illas de Sotavento son un grupo de illas situadas ao nordés do mar Caribe atópase no oeste do océano Atlántico. Empezando polas Illas Virxes ao leste de Porto Rico, esténdense ao sueste ata a Guadalupe e as súas dependencias. En inglés, o termo Illas Leeward refírese ás illas do norte da cadea Antillas Menores. A parte máis ao sur desta cadea, a partir de Dominica, chámanse Illas de Barlovento. Dominica foi orixinalmente considerada como parte das Illas Leeward, pero foi transferida das Illas de sotavento británicas ás Illas de barlovento británicas en 1940.
Epónimo | sotavento | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 2.000 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 372 m | ||||
Orixe do nome
editarO nome deste grupo insular, Illas de sotavento, data de séculos anteriores, cando os barco de vela eran a única forma de transporte a través do océano Atlántico. En terminoloxía de vela, "barlovento" significa cara á fonte do vento, mentres que "sotavento" é o sentido contrario. Nas Indias Occidentais, os ventos dominantes, coñecidos como os ventos alisios, sopran desde o nordés. Polo tanto, unha illa ao noroeste, como Porto Rico, normalmente estaría a sotavento dunha illa ao sueste, como Antigua e, pola contra, Antigua estaría a barlovento de Porto Rico, pero a sotavento de Guadalupe e Martinica.
As illas de sotavento foron nomeadas así porque estaban máis por baixo das correntes de vento predominantes (por baixo de onde sopra o vento) e polo tanto eran as máis afastadas para os barcos que viñan de Europa, primeiro atoparían as Illas de barlovento.
Diferenzas xeográficas segundo o ámbito lingüístico
editarExiste unha importante diferenza na consideración de que illas pertencen aos grupos de Barlovento ou Sotavento, segundo sexa o ámbito lingüístico, dun lado o inglés e doutro o español, francés e neerlandés.
Linguas | Illas de Sotavento | Illas de Barlovento |
---|---|---|
Español, francés e neerlandés |
Îles Sous-le-Vent |
Îles du Vent |
Inglés | Windward Islands |
Leeward Islands |
Xeografía
editarAs illas de Sotavento é un arquipélago das Pequenas Antillas. Está integrado polas illas de Aruba, arquipélago de Las Aves, Bonaire, Curaçao, Illa de Margarita, A Orchila, Arquipélago Os Roques e La Tortuga, situadas fronte ás costas venezolanas, e Anguila, Antiga, Barbados, Montserrat, Saint Kitts e Nevis, Redonda, Santo Eustaquio e San Martiño.
As illas de Sotavento son, de occidente a oriente, as siguintes:
Entidade | Illas constituintes | Localización |
---|---|---|
Illas ABC (Países Baixos) | Aruba Bonaire Klein Bonaire Curazao Klein Curaçao |
|
Dependencias Federais Venezolanas (sen incluír as illas de Patos e de Aves) |
Arquipélago Los Monjes Arquipélago de Las Aves Arquipélago los Testigos Arquipélago Los Frailes Illa Los Hermanos Illa la Sola La Tortuga Caio Herradura Illas Los Tortuguillos La Orchila Illa la Blanquilla Arquipélago de Los Roques Gran Roque Caios Francisquí Caio Lanquí Caio Nordisquí Madrisquí Caio Crasquí Dos Mosquises |
|
Nueva Esparta (Venezuela) | Coche Cubagua Margarita |
Administración política
editarEntidade | Administración | Poboación | Lingua |
---|---|---|---|
Aruba | País constituínte dos Países Baixos | 102.911 | Papiamento |
Curazao | País constituínte dos Países Baixos | 153.817 | Papiamento |
Bonaire | Municipio dos Países Baixos | 16.541 | Papiamento |
Nueva Esparta | Estado de Venezuela | 426.337 | Español |
Dependencias Federais Venezolanas | Territorio federal de Venezuela | 6.500 | Español |
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illas de Sotavento |