As Illas Virxes conforman un arquipélago no mar Caribe, ao leste da illa de Porto Rico. As illas están divididas en dúas zonas de soberanía:

Mapa.

Historia editar

 
Panorama das illas.

Foron descubertas en 1493 por Cristovo Colón, que as chamou Santa Úrsula y las Once Mil Vírgenes (quedando despois o nome en Las Vírgenes). En 1672, os ingleses chegaron á rexión e anexionaron o arquipélago, expulsando á poboación holandesa de Tórtola ese mesmo ano, e a de Anegada e Virxe Gorda en 1680. Os británicos introduciron a cana de azucre nas illas, que se converteu no principal cultivo, e fonte de ingresos polo comercio exterior. Os escravos foron traídos de África para traballar nas plantacións de cana de azucre. As illas prosperaron economicamente ata o aumento da colleita de colleita de remolacha azucreira en Europa e Estados Unidos, cando a produción de cana de azucre viuse considerablemente reducida.

Ingleses, holandeses, franceses, españois e daneses disputan o control do arquipélago durante os seguintes douscentos anos; os holandeses son expulsados e o Reino Unido reconquista definitivamente Virxe Gorda e Tórtola.

A finais do século XVII Inglaterra posuía Tórtola, Virxe Gorda, Anegada e outras illas que conforman actualmente as Illas Virxes Británicas, e Dinamarca tiña o resto do arquipélago: (San Xoán, San Tomé e Santa Cruz).

En 1917, os Estados Unidos compraron San Xoán, San Tomé e Santa Cruz aos daneses por dezasete millóns de dólares estadounidenses, cambiáronlle o nome polo de "United States Virgin Islands". Posteriormente, os británicos tamén lle cambiaron o nome ás súas illas polo de "British Virgin Islands".